Plataforma Amig@s das Arbores da Limia convídavos a unha andaina solidaria en Xinzo

//Plataforma Amig@s das Arbores da Limia convídavos a unha andaina solidaria en Xinzo
Loading Events
  • This event has passed.

Xinzo da Limia, Andaina

A Plataforma Amig@s das Arbores da Limia, da que Amigos da Terra forma parte, organiza unha andaina solidaria e apadriñamento/amadriñamento das árbores da Avenida de Celanova (estrada do San Mateo) da vila de Xinzo da Limia.

Información

DÍA: 23 de Abril de 2017 (Domingo)
HORA SAÍDA: 10:00 horas, Parque do Pombal (Xinzo da Limia)
PERCORRIDO: 13 quilómetros doados de facer
XANTAR: 15:00 horas no Parque do Pombal

OUTRAS ACTIVIDADES: Xogo de orientación-cartografía con xogo de pistas. Sorteo de agasallos ao remate da xornada e algunha que outra sorpresa máis. Apadriñamento das árbores da Avenida de Celanova (estrada do San Mateo) e contacontos.

IMPORTANTE avisar antes do 20 de abril 988374 318 / 988550028 / 657 185348.

Prezo das actividades, avituallamento máis xantar 8 euros e a vontade. O diñeiro recadado destinarase as actividades orgnizadas pola Plataforma Amig@s das Arbores da Limia.
As árbores da Avenida de Celanova (estrada do San Mateo) da vila de Xinzo da Limia precisan da nosa axuda para a súa proteción. Levan con nóns máis de cen anos sen estorbarlle a ninguén.

O pasado 21 de marzo (Día da Árbore-Día Forestal Mundial) o Alcalde de Xinzo maila Conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia presentaron o proxecto de arranxo da avenida e a primeira medida consiste en eliminar 56 árbores e cambialas por outro tipo de vexetación…!!!

O 23 de abril temos organizada unha andaina pola Vía da Prata-Camiño Mozarabe dende Viladerrei a Xinzo da Limia.

APADRIÑAMENTO-AMADRIÑAMENTO ás 14:00 o acto central SOLIDARIEDADE coas árbores onde ti podes ser padriño/madriña dunha destas amigas centenarias coa sinatura e compromiso do seu coidado e protección.

AXÚDANOS A PROTEXELAS, LONGA VIDA ÁS ÁRBORES DA AVENIDA de CELANOVA!!!

Leave A Comment