Sinatura de convenio entre Nosa Enerxía e Amigos da Terra

//Sinatura de convenio entre Nosa Enerxía e Amigos da Terra
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

 

 

 

Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega e Amigos da Terra, dentro da súa vontade de camiñar cara un novo modelo enerxético sostible baseado no uso de enerxía renovable, respectuoso co medio ambiente e que contribúa a afianzar a democracia e a soberanía enerxética da cidadanía, asinan este venres ás 17:00 horas, un convenio que ten como obxectivos fundamentais:

Impulsar e animar á masa social de Amigos da Terra a apostar por un modelo de consumo enerxético máis sostible e coherente como é o que representa o cooperativismo de Nosa Enerxía S. Coop. Galega.

Apoiar actividades e proxectos de Amigos da Terra desde a área de Acción Social e Verde de Nosa Enerxía S.Coop. Galega.

 

 

Leave A Comment