Taller A túa enerxía pode cambialo todo

/, Voluntariado/Taller A túa enerxía pode cambialo todo
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Amigos da Terra en colaboración ca Facultade de Ciencias e a Oficina de Voluntariado organizan un taller o mércores 10 de maio as 19:00 no Salón de Graos de dita Facultade  para mostrar 10 cousas que podemos facer para frear o cambio climático e impulsar unha nova economía.

Queremos achegar pasos sinxelos que todas podemos levar a cabo e que cambien o modelo cara un que aposte polas enerxías renovables, polo aforro e o uso intelixente da enerxía. É dicir, un sistema enerxético descentralizado, máis democrático, sen dependencias externas e cun alto potencial en canto ao emprego e desenvolvemento de novas tecnoloxías.

A xornada está dentro do proxecto Escola de Sustentabilidade financiado pola Direción Xeral de Cooperación Internacional e ao Desenvolvemento da Unión Europea.

Leave A Comment