Actúa

/Actúa

Campañas e proxectos de Amigos da Terra nos que podes participar.

Informade do CO2

Amigos da Terra invítalle a participar por si mesma/o na recompilación de publicidade ilícita que posteriormente será empregada en actividades de denuncia e presión para esixir ás Administracións e aos fabricantes que cumpran como mínimo coa normativa vixente, abandonando a publicidade enganosa, e á Unión Europea que obrigue a dedicar o 20% do anuncio publicitario a informar sobre as emisións. O procedemento é simple, non leva máis que cinco minutos e non custa nada.

[…]

By | 27 de Outubro, 2008|Actúa|Comentarios desactivados en Informade do CO2

Europa ten que asumir o liderado!

Durante as próximas semanas os representantes europeos decidirán en nome de europeos e europeas cal debe ser a nosa resposta ao cambio climático. Liderarán a loita para manter quecemento global por baixo de 2°C.

2009 será un ano crucial para conseguir un acordo post-2012. Os estados do mundo reuniranse na Conferencia das Nacións Unidas en Copenhague para traballar nun Acordo Internacional que aborde o Cambio Climático despois do acordo de Quioto. ¡Toma partido!

[…]

By | 27 de Outubro, 2008|Actúa|Comentarios desactivados en Europa ten que asumir o liderado!

A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa

A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa, España e Galicia.
A Aposta é unha campaña de educación ambiental que se desenvolveu xa en vinte países europeos. A primeira Aposta fíxose en Alemaña en 1998 dirixida á mocidade a través de BUNDjugend. Mozos e mozas foron quen de aforraren 10 millóns de Kg de CO2 en tan só un ano escolar. A raíz do éxito da iniciativa, realizáronse novas edicións da Aposta. Así, acadouse a marca de apostantes, chegando até 50.000 participantes na campaña europea do 2001. A Aposta en España comezou a fraguar coma consecuencia dunha xuntanza de mozos europeos celebrada en París en xullo de 2000. Despois da experiencia coordinada a nivel estatal, Amigos da Terra en Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

Pensa Globalmente, Actúa Localmente é o motor desta campaña. O proxecto baséase na aprendizaxe de conceptos e actitudes o­nde analízase a realidade, búscanse respostas e propóñense solucións acadar o obxectivo de redución das emisións, empregando a pedagoxía do compromiso, promovendo que se asuma a responsabilidade e a interiorización das cuestións plantexadas, cambiando así o comportamento por “si mesmos” identificándose cos valores que constitúen a base do proxecto: responsabilidade, participación e cooperación. A Aposta por frear o Cambio Climático motiva ás actitudes positivas cara o medio ambiente, favorecendo o intercambio de experiencias e a interacción entre os diversos actores sociais para a busca de solucións.

[…]

By | 10 de Outubro, 2008|Actúa|Comentarios desactivados en A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa

Campaña S.O.S. Clima

Amigos da Terra cre que o noso goberno debería facer máis para frear o cambio climático. Sen accións urxentes, secas, inundacións e climas extremos formarán parte do noso día a día e afectarán a persoas arredor de todo o mundo.

Por este motivo os grupos […]

By | 3 de Outubro, 2008|Actúa|Comentarios desactivados en Campaña S.O.S. Clima