Novas de Recursos Naturais e Residuos

/Novas de Recursos Naturais e Residuos

Amigos da Terra e AERESS piden unha redución do IVE para as tendas e comercios de produtos reparados e reutilizados

Amigos da Terra e AERESS – Rede de Recuperadores de Economía Solidaria unímonos para solicitar unha redución do IVE ás actividades e servizos de reparación, preparación para a reutilización, reutilización e aluguer. Con esta iniciativa ambas as organizacións buscamos fomentar un consumo sustentable e responsable que permita prolongar a vida […]

By | 31 de Outubro, 2018|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en Amigos da Terra e AERESS piden unha redución do IVE para as tendas e comercios de produtos reparados e reutilizados

Máis de 50 plataformas de todo o Estado sumamos forzas contra a incineración na Declaración de Ponferrada

A incineración é unha estafa, supón unha grave ameaza para a saude pública,  contribúe ao  cambio climático e destrue emprego”, declaramos máis de cincuenta plataformas asinantes do manifesto que vimos de asinar “Declaración de Ponferrada contra a incineración e polo Residuo Cero”.

A declaración de Ponferrada é o resultado da oitava reunión da Coordinadora Estatal […]

By | 30 de Outubro, 2018|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en Máis de 50 plataformas de todo o Estado sumamos forzas contra a incineración na Declaración de Ponferrada

O Parlamento Europeo toma unha resolución histórica na loita contra a contaminación por plástico

O Parlamento Europeo deu un paso adiante na consecución dunha Directiva para a redución de plásticos dun só uso con obxectivos ambiciosos.

Celebramos a decisión e poñemos agora o foco na postura da ministra Ribeira no Consello Europeo de ministros de Medio Ambiente.

Unha gran maioría de eurodeputados votou hoxe a proposta para […]

By | 25 de Outubro, 2018|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en O Parlamento Europeo toma unha resolución histórica na loita contra a contaminación por plástico

Amigos da Terra denuncia o arboricidio na estrada OU-536

Arboricidio na OU-536, estrada da Xunta de Galicia, ao seu paso polos concellos do Pereiro de Aguiar e Esgos están cortando polo pé árbores con perto de cen anos. Árbores que non supoñen ningún risco para a seguridade.

A estrada OU-536 está xestionada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda (Xunta de Galicia). Esta estrada comunica a […]

By | 16 de Outubro, 2018|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en Amigos da Terra denuncia o arboricidio na estrada OU-536

Os fabricantes de plástico de usar e tirar poderían esquivar a prohibición de moitos dos seus produtos

Onte, 10 de Outubro, o Comité de Medio Ambiente do Parlamento Europeo votou a proposta de Directiva sobre produtos plásticos dun só uso da Comisión Europea, para reducir a contaminación de plásticos nos nosos mares.

O texto sometido a votación polo […]

By | 11 de Outubro, 2018|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en Os fabricantes de plástico de usar e tirar poderían esquivar a prohibición de moitos dos seus produtos