Denuncias

Unha fermosa estrada con árbores centenarias no concello de Esgos con risco de ser cortadas polo pé

160205 ou 536bA OU-536 é unha fermosa estrada do Concello de Esgos bordeada con árbores centenarias, que corren o risco de desaparecer cortadas polo pé.

Xestionada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia,  comunica a capitalidade provincial coas Terras de Trives-Caldelas, e é unha das máis bonitas da provincia polo seu trazado e polas formacións arbóreas que se atopan no seu percorrido.

[…]

By | 5 de Febreiro, 2016|Denuncias|1 Comment

Amigos da Terra denuncia a corta dun carballo centenario na parroquia de Vilar de Astrés

carballo vdeastres 03Amigos da Terra ven de denunciar a corta dun carballo centenario, a Carballa de San Bieito.

Esta corta realizouse preto da capela do San Bieito Sartédigos, na parroquia de Vilar de Astrés (Ourense), e produciuse nunha zona nos arredores da zona de protección do camiño Mozárabe-Vía da Prata.

[…]

By | 29 de Xaneiro, 2016|Denuncias|Comentarios desactivados en Amigos da Terra denuncia a corta dun carballo centenario na parroquia de Vilar de Astrés

Denuncia de vertedoiros ilegais na Serra do Larouco nos concellos de Cualedro e Xinzo de Limia

cualedro vertedoiro01Os vertedoiros saíron a luz despois do incendio forestal producido o pasado mes de agosto que afectou a Serra do Larouco.

A asociación ecoloxista Amigos da Terra, a Plataforma Rios Limpos e o Comité de Defensa do Monte Galego, acaban de presentar ante a delegación Provincial da Consellería de medio ambiente unha denuncia por vertedoiros incontrolados de lixo e refugallos no medio da serra da do Larouco, no lugar coñecido como “Cruceiro de Gudín”, parroquias de Lucenza e Gudín, concellos de Cualedro e Xinzo da Limia.
[…]

By | 11 de Novembro, 2015|Denuncias|Comentarios desactivados en Denuncia de vertedoiros ilegais na Serra do Larouco nos concellos de Cualedro e Xinzo de Limia

Amigos da Terra denuncia a destrución de patrimonio forestal do Camiño Mozárabe

20150410 xunqueira011
Amigos da Terra ven de denunciar a corta de decenas de árbores de distintas especies a carón do coñecido como camiño Mozárabe-Vía da Prata no concello de Xunqueira de Ambía.

[…]

By | 20 de Abril, 2015|Denuncias|Comentarios desactivados en Amigos da Terra denuncia a destrución de patrimonio forestal do Camiño Mozárabe

Amigos da Terra denuncia a destrución do Patrimonio Forestal na Ribeira Sacra

tala ribeira sacra IMG 3746Desfeita medio ambiental “corta a feito” da mellor colección de árbores existente en pleno corazón da Ribeira Sacra ourensá. Centos de árbores de distintas especies cun forte impacto paisaxístico, patrimonial, arbóreo…moi preto de Santo Estevo de Ribas de Sil e a carón do lugar de interese comunitario (LIC) “Canóns do Sil”.

[…]

By | 31 de Marzo, 2015|Denuncias|Comentarios desactivados en Amigos da Terra denuncia a destrución do Patrimonio Forestal na Ribeira Sacra