Denuncias

6 anos e 7 días no limbo dos xustos

canceira carballinnoAgardando seis anos e sete días, mais 5 propostas de arquivo do caso, e outros tantos recursos de apelación, xunto coa intervención da Audiencia Provincial de Ourense para evitalo, acaba de resolverse o pasado día 10, por parte do Xulgado de O Carballiño a apertura de xuízo oral contra os presuntos responsables da morte masiva de cans na canceira municipal de O Carballiño.

[…]

By | 15 de Marzo, 2015|Denuncias, Videos|Comentarios desactivados en 6 anos e 7 días no limbo dos xustos

Multa de 10.000 ao Concello de San Cibrao grazas ás nosas denuncias

vert200A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de remitir a Amigos da Terra a proposta de resolución do expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polos vertidos realizados no pasado mes de agosto e que foran denunciados por Amigos da Terra e outros colectivos, ademais de varios particulares. […]

By | 27 de Febreiro, 2015|Denuncias|Comentarios desactivados en Multa de 10.000 ao Concello de San Cibrao grazas ás nosas denuncias

Denunciamos a barbarie da tortura dos galos na Mezquita

2015010817172533694Nestes días saltou aos medios de comunicación a nova de que no ourensá Concello da Mezquita, dentro da programación da Festa dos Reis,  estaba a celebrarse un cruento espectáculo no que mozos da vila arrincaban coas súas propias mans as cabezas duns galos que penduraban colgados das patas dunha corda. Estes feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil por varios veciños/as da mesma localidade. […]

By | 8 de Xaneiro, 2015|Denuncias|Comentarios desactivados en Denunciamos a barbarie da tortura dos galos na Mezquita

Denuncia dos danos producidos ao arboredo na Reserva da Biosfera Area de Allariz

estrada ou1114 antesAmigos da Terra Galicia denuncia publicamente os danos producidos ao arboredo existente ao longo da estrada OU 1114, estrada da Deputación Provincial de Ourense que comunica Vilar de Santos e Rairiz da Veiga con Bande. A OU 1114 é a única estrada que queda na chaira Limia exemplo do que foi a Biodiversidade de A Limia-Antela, ao longo dos seus 10 quilómetros atravesa unha boa parte da ZEPA de A Limia, pasa a carón do monumento natural “Carballa da Rocha” e por humedais de vital importancia, lembrar tamén que atravesa parte da Reserva da Biosfera (Allariz-A Bola-Vilar de Santos-Rairiz da Veiga) e parte do seu percorrido segue o mesmo trazado que a calzada romana Vía XVIII.
[…]

By | 22 de Novembro, 2014|Denuncias|Comentarios desactivados en Denuncia dos danos producidos ao arboredo na Reserva da Biosfera Area de Allariz

Amigos da Terra Galicia denuncia a construción de liñas eléctricas en zonas de valor medio ambiental

alto sanmamedeAmigos da Terra Galicia denuncia a construción de liñas eléctricas en zonas de alto valor medio ambiental incumprindo lexislación básica, con decisións da Xunta de Galicia, ao non someter a “avaliación ambiental” proxectos que afectan a espazos naturais, Fragas do Eume (Queixeiro-Monfero), Serra de San Mamede-(Macizo Central Ourensá), Fragas de Catasós (Lalín). O Goberno galego con estas medidas, ademais de desprotexer o patrimonio natural, convertese no maior destrutor da biodiversidade e dos ecosistemas de Galicia.
[…]

By | 8 de Novembro, 2014|Denuncias|Comentarios desactivados en Amigos da Terra Galicia denuncia a construción de liñas eléctricas en zonas de valor medio ambiental