Novas da Asesoría Xurídica

//Novas da Asesoría Xurídica

Os grupos ecoloxistas reclaman a Ruiz-Gallardón que non impida á sociedade acceder á xustiza

tasasNon_x

Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF reúnense co ministro de Xustiza para pedir que asegure a participación das ONG na protección do medio ambiente a través da administración de Xustiza.

As reformas legais aprobadas xa ou iniciadas por Ruiz-Gallardón entorpecen e poden frear o acceso das ONG e os cidadáns á xustiza ambiental.

[…]

By | 26 de Xullo, 2013|Novas da Asesoría Xurídica|Comentarios desactivados en Os grupos ecoloxistas reclaman a Ruiz-Gallardón que non impida á sociedade acceder á xustiza

Amigos da Terra rexeita a intención do Concello de Muiños de recuperar as Chegas de Bois

xures_01Amigos da Terra rexeita rotundamente todas aquelas “tradicións” que se basean en crueis espectáculos que levan implícito o maltrato animal. Para a asociación ecoloxista ningunha presunta tradición nin cultura (sexa galega ou española) é compatible nin pode xustificar a tortura. Polo demáis no caso do Concello de Muiños prodúcese o agravante de ilegalidade reiterada pois dita actividade xa foi sendo sancionada dende fai anos como infracción moi grave con base na Lei 1/93 de protección animal.

[…]

By | 7 de Agosto, 2012|Novas da Asesoría Xurídica|1 Comment

A Plataforma Rios Limpos denuncia novos verquidos no Concello de Pereiro de Aguiar

rios_limpos_A Plataforma Rios Limpos acaba de denunciar diante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, SEPRONA e Policía Autonómica o verquido continuo que se produce no regato que pasa pola Zamorana e por Pazos de San Clodio (San Cibrao das Viñas). Verquido de augas fecais e outros produtos contaminantes do sumidoiro que recolle as augas do polígono do Pereiro de Aguiar.

[…]

By | 25 de Maio, 2012|Novas da Asesoría Xurídica|Comentarios desactivados en A Plataforma Rios Limpos denuncia novos verquidos no Concello de Pereiro de Aguiar

Un vertedeiro tóxico ilegal ameaza a salubridade do Rio Barbaña e os solos de San Cibrao das Viñas

vertedoiro_quimico_sancibrao_copy

Toneladas de ferralla, deterxentes, plásticos, bidóns de pintura, entre outros residuos tóxicos, foron desenterradas a finais de xaneiro nas inmediacións da nave da empresa Industrias Químicas Gallegas S. A., en San Cibrao das Viñas; nunha investigación aínda aberta na que participaron axentes da garda civil, persoal da Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño Sil.

[…]

By | 8 de Febreiro, 2012|Novas da Asesoría Xurídica|2 Comments

A Plataforma Ríos Limpos denuncia os verquidos reiterados ao río Barbaña

rios_limpos_

Diante dos últimos verquidos producidos ao canle do Rio Barbaña, dende a Plataforma Rios Limpos, da que forma parte  Amigos da Terra,  consideramos insultante a repetición continua dos verquidos, e desleixo que se produce por parte das distintas Administracións Públicas con competencias na conservación, vixilancia e custodia dos ecosistemas fluviais (Concellos, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Consellerías da Xunta de Galicia, Fiscalía…).

[…]

By | 27 de Xaneiro, 2012|Novas da Asesoría Xurídica|Comentarios desactivados en A Plataforma Ríos Limpos denuncia os verquidos reiterados ao río Barbaña