Novas de Lexislación

//Novas de Lexislación

Autorizacións ambientais en Rede Natura galega

No tocante ás autorizacións necesarias para levar a cabo determinadas actividades ou obras en espazos naturais protexidos, na Rede Natura 2000, van rexer dúas directivas que regulan ditos espazos: directiva hábitats e directiva aves.
 
En España, estarase pendente do que os plans de xestión regulen (Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e Plan Rector dos Usos e Xestión das comunidades autónomas) e estes deben levar aparelladas medidas compensatorias ás poboacións que habitan neses espazos naturais.

[…]

By | 4 de Maio, 2009|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en Autorizacións ambientais en Rede Natura galega

Publícase o PORN do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

O Plan de Ordenación dos Recursos Naturais saiu publicado no DOG o 30 de marzo e ao contido do mesmo, para o caso de que o que plantexa sexa contrario á normativa vixente en relación aos Espazos Naturais (Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como ZEPVN), poderá recurrirse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

[…]

By | 1 de Abril, 2009|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en Publícase o PORN do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Apróbase en Europa a norma que imporá sancións penais aos buques que contaminan o mar

O Parlamento Europeo ven de aprobar a norma pola cal os Estados membros deben adoptar medidas sancionatorias de carácter penal contra aqueles buques que contaminan o medio mariño por prácticas ilegais de bunkering, acción de suministrar combustible aos buques e realizar verquidos incontrolados creando unha grave contaminación que, na maioría dos casos, se sanciona co pago dunha multa administrativa.

[…]

By | 19 de Febreiro, 2009|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en Apróbase en Europa a norma que imporá sancións penais aos buques que contaminan o mar

O Valedor do Pobo continúa sen recibir noticias do borrador da Lei de Protección Animal de Galicia

O Valedor do Pobo continúa á espera da contestación da Consellería de Medio Ambiente respecto ao estado no que se atopa o borrador da Lei de Protección Animal de Galicia

Amigos da Terra solicitou en varias ocasións á Consellería de Medio Ambiente información sobre a fase na que se atopaba o borrador da Lei mencionada. Incluso en setembro foi enviado un escrito asinado por numerosos colectivos galegos que reclamaban a publicación do texto.

[…]

By | 18 de Febreiro, 2009|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en O Valedor do Pobo continúa sen recibir noticias do borrador da Lei de Protección Animal de Galicia

Publícase Resolución pola que se fai público o Plan de labores de actividades mineiras

Hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se fai público o novo modelo do mencionado Plan.

A necesidade de elaborar un novo plan que substituíse ao modelo anterior, que xa quedaba obsoleto, parte da obriga de adaptar este plan a recentemente publicada Lei 3/2008, de 23 de maio, de ordenación da minería en Galicia.

[…]

By | 29 de Xaneiro, 2009|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en Publícase Resolución pola que se fai público o Plan de labores de actividades mineiras