Novas de Lexislación

//Novas de Lexislación

Amigos da Terra considera a Ordenanza Municipal de Posesión e Custodia de Animais pouco consistente

A Ordenanza presenta un articulado feble e pouco traballado que non reflicte o aumento da concienciación da cidadanía ourensá respecto á protección dos animais, nin trata a problemática de fondo do benestar animal

Amigos da Terra asegura que nada se avanzou en relación ao aumento da protección e defensa dos animais, o que sitúa ao goberno local ourensá como unha administración carente de concienciación e de sensibilización cos animais da cidade.

[…]

By | 30 de Setembro, 2008|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra considera a Ordenanza Municipal de Posesión e Custodia de Animais pouco consistente

Colectivos ecoloxistas galegos esixen a publicación do borrador da Lei de Protección Animal

 

 

Diferentes organizacións ecoloxistas e de protección dos animais de Galicia reclaman, mediante un escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a publicación do borrador da Lei de Protección e Benestar Animal de Galicia tal e como se anunciara fai un ano polo conselleiro de medio ambiente, Manuel Vázquez.

 

[…]

By | 10 de Setembro, 2008|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en Colectivos ecoloxistas galegos esixen a publicación do borrador da Lei de Protección Animal

Inminente publicación do Decreto sobre Equinos en Galicia

Amigos da Terra mantivo unha reunión co Director Xeral de montes da Consellería do Medio Rural quen asegurou que os casos de maltrato animal por inmobilización mediante trancas ou cepos, quedará erradicado co citado decreto.

A norma, que se espera saia publicada o vindeiro mes de setembro, regulará o rexistro e ordenación dos equinos de explotacións gandeiras e tamén aos salvaxes que se crían de modo extensivo nos montes galegos e obrigará a que estes posúan a súa correspondente identificación mediante microchip.

[…]

By | 11 de Xullo, 2008|Novas de Lexislación|Comentarios desactivados en Inminente publicación do Decreto sobre Equinos en Galicia