Amigos da Terra colabora na Recuperación de Fauna da Serra de San Mamede

A Asociación Amigos da Terra, en colaboración co Centro de Recuperación de Fauna de O Rodicio, organiza unha actividade de sensibilización e concienciación ambiental no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, na Serra de San Mamede.

A actividade terá como obxectivo explicar os nenos e nenas, que están participando no Campamento ambiental organizado polo Concello de Pontevedra e Amigos da terra, a importancia da conservación da fauna salvaxe. Será tamén unha boa ocasión para aclarar a finalidade e accións dos Centros de recuperación de fauna.

Ler máis…

[Enviar isto]      Comentarios

As Corcerizas estará presente na Festa de Verán de Compostela

festa de verán

Amigos da Terra estará presente na Feira de Verán de Compostela informando á poboación sobre as actividades de verán de As Corcerizas e a campaña S.O.S. Clima.

Día: sábado 20 de xuño

Lugar: Parque de Belbís (Santigo de Compostela)

Horario: dende as 12.00h da mañá ata as 20.30h da tarde.

Ven celebrar o verán connosco!

Máis información en : www.santiagodecompostela.org

[Enviar isto]      Comentarios (3)

Presentación oficial do Campamento do Concello de Ourense en As corcerizas

Hoxe, 20 de xuño, ás 11:00 horas no Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense, Amigos da Terra xunto coa Concelleira de Igualdade; Xuventude e Voluntariado; Termalismo, Marta Arribas, presenta en rolda de prensa os seus campamentos ambientais de verán para mozos e mozas de 15 a 18 anos.

Esta actividade enmárcase dentro do Programa da Consellería “Tope Xove 2008″, sendo salientable a aposta que se está a facer por realizar un campamento dirixido á mocidade, dada a baixa oferta pública existente, e a coherencia que se ofrece ao levalo a cabo no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

campamentos verán                         campamento verán pontevedra

As actividades desenvoltas en As Corcerizas, na Serra San Mamede, son unha experiencia lúdica e divertida que capacitará aos participantes para vivir en coherencia nunha sociedade de futuro.

[Enviar isto]      Comentarios

Novas alternativas para o verán. Ábrese a Campaña 2008

Amigos da Terra ofréceche este verán en As Corcerizas unha alternativa para o teu tempo libre, unha oferta diferente de actividades onde atoparás o xeito de divertirte, relacionarte con outra xente, e disfrutar á vez que descubres unha paisaxe descoñecida para moitos/as nesta época: a montaña galega.

Pega un cambio na monotonía das vacacións típicas de verán e coñece unha forma distinta de moverte.

Para tódolos públicos: Fins de semana alternativas no mes de agosto. Rutas pola montaña, actividades de orientación, ioga, musicoterapia, obradoiro de rastros de fauna, escoitas de animais nocturnos…

Ler máis

Para nenos/as e mozos/as de 8 a 18 anos: Campamentos ambientais e de aventura nos meses de xuño, xullo e agosto. Excursións, actividades acuáticas, obradoiros ambientais, actividades de animación e lecer, dinámicas de grupo, astronomía, danzas do mundo, xogos tradicionais galegos, deportes alternativos…

Ler máis

As prazas son limitadas. Apúntate xa! 

[Enviar isto]      Comentarios

Amigos da Terra aposta pola Eduación Ambiental con adultos/as

Amigos da Terra comeza un novo Programa de Educación Ambiental dirixido a adultos/as no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas: A Ciencia como ferramenta de Educación Ambiental. Claves para un Desenvolvemento Sustentable.

A Educación Ambiental, debido ao momento de crise ecolóxica global na que nos atopamos, é unha ferramenta imprescindible para acadar cambios progresivos nos hábitos e actitudes. Por eso Amigos da Terra a incorpora transversalmente en todas as accións da asociación e dirixida a todos os públicos. Non se trata de chegar somentes a un público cautivo, como son os nenos/as, senón que é importante incidir en adultos/as, administracións e outras entidades que xa hoxe en día teñen capacidade de decisión.

Tampouco debe tratarse de accións puntuais, se non de procesos, a través de proxectos a longo prazo, como o do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, que ademais de intentar cubrir todas estas carencias, mostra alternativas reais e viables.

Panel de control

Porén, esta semana da comezo en As Corcerizas un novo Programa de Educación Ambiental, dirixido a estudantes de ciencias, ciclos formativos e/ou educación:

A CIENCIA COMO FERRAMENTA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL
CLAVES PARA UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Actividade gratuíta apoiada pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Consellería Innovación e Industria

[Enviar isto]      Comentarios

Páxina anterior »