Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra participará no Simposio de Antropoloxía e Cooperación

Amigos da Terra o próximo 11 de abril, presentará unha comunicación no “Simposio de Antropoloxía e Cooperación” que se celebrará os días 8, 9, 10, 11 de abril na Facultade de Humanidade de Ferrol da Universidade de A Coruña, dito Simposio esta organizado pola Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA).

Ler máis…

Amigos da Terra participará no Seminario sobre Conservación e Cooperación

Amigos da Terra o próximo 10 de abril, participará no Seminario “Retos e Desafios da cooperación internacional na conservación da biodiversidade”, os obxectivos deste son: promover a integración da conservación nas políticas, programas e proxectos que se levan a cabo no marco da cooperación internacional para o desenvolvemento, facilitar o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito da cooperación e contribuir aos esforzos e accións da cooperación española e galega.

Ler máis…

Amigos da Terra suscribe un convenio de cooperación co Ministerio de Medio Ambiente de Nicaragua

Os programas de cooperación internacional en Amigos da Terra inicia no ano 1994. A preocupación da nosa organización pola conservación dos recursos naturais das áreas protexidas do Sistema Nicaraguano de Áreas Protexidas (SINAP), permite unha colaboración estreita co Ministerio de Medio Ambiente y Recursos Naturales (MARENA) desde o inicio do noso accionar no país centroamericano.

img_2820-2.jpg

Toda a labor concentrouse na firma dun convenio de colaboración MARENAAmigos da Terra no ano 1999, que institucionalizaba o traballo conxunto na Reserva da Biosfera deRío San Juan, no Sureste de Nicaragua. Para dar continuidade aos acordos subscritos a finais da década dos 90, desde o ano 2006 negociouse a firma dun novo acordo de cooperación co Ministerio, para sentar as bases da cooperación entre MARENA e Amigos da Terra, así como os mecanismos de coordinación entre ambas as institucións.

Ler máis…

Amigos da Terra promove o Desenvolvemento Sostible no Simposio Nicaraguano para a Bioloxía e a Conservación

O pasado mes de outubro Amigos da Terra Nicaragua en conxunto con Universidades e outras ONG,s realizaron o primerio “Simposio Nacional de Medio Ambiente e Bioloxía da Conservación” enmarcado dentro das actividades da Sociedade Mesoamericana para a Bioloxía e a Conservación (SMBC) na rexión durante o 2007, dito Simposio se levou a cabo na Universidade Centroamericana (UCA) en Managua.

A Sociedade Mesoamericana para a Bioloxía e a Conservación (SMBC), xurdiu en Honduras, en xaneiro de 1996, como unha resposta á carencia en Centroamérica e México de foros rexionais de comunicación para profesionais nas ramas da bioloxía e a conservación dos recursos naturais e culturais. Anualmente a SMBC realiza un congreso de forma alterna nos países membros, onde danse cita profesionais, estudantes e defensores do medio ambiente para divulgar as súas accións e coordinar futuras accións con outros implicados. Ler máis…

A Coordinadora Galega de ONGD organiza unhas Xornadas de Codesenvolvemento

O pasado verán celebrouse en Santiago de Compostela a “I Xuntanza entre Asociacións de Inmigrantes e ONGD”, de dita Xuntanza saiu conformado un grupo de Codesenvolvemento, do que Amigos da Terra forma parte. O obxectivo deste grupo é constituirse como unha comisión de traballo conxunta da Coordenadora Galega de ONGD e do Foro Galego de Inmigración, para dar resposta a unha necesidade das dúas plataformas de coordinación de explorar vías de traballo conxuntas que permitan artellar de forma participativa e efectiva proxectos de codesenvolvemento de Galiza cos lugares do mundo dos que procede a poboación que se establece no noso pais.

É asi como xurde a idea de celebrar unhas “Xornadas de Migracións e Desenvolvemento” ca finalidade de Suministrar un marco teorico para afondar no concepto de codesenvolvemento, así como coñecer a opinión dos distintos axentes implicados, as datas establecidas para a celebración é o 09 e 10 de novembro, na Fundación Caixa Galicia, Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela.

A inscrición é gratuita chamando a Coordinadora Galega ao teléfono 981 58 51 89.

« Seguinte páxinaPáxina anterior »