|
Incluirá diferentes opcións de participación, dando opcións de implicación para o centro (todo o centro participa, so algúns cursos ou grupos de alumnos) e duración da mesma (8 meses, 6 meses ou días puntuais)
Esta campaña “A Aposta” preséntase con aire renovados, moito mais flexible e sinxela, podes participar realizando accións puntuais ou participando no programa completo, esto último supón realizar 3 actividades concretas, se ben son moitas máis as propostas de actividades complementarias multidisciplinais.
As actividades principias son as xa vistas de chequeo das instalcións do centro para descubrir fontes de gasto enerxetico, a de tomar medidas para reudicir esos gastos e a decuantificar o aforro acadado. As complementarias abarcan desde o aforro en transporte e aluminio ata revisións históricas do clima, tocando todas as áreas de ensino.
Os/as educadores/as e os/as alumnos/as dispoñen de guías e doutros textos de axuda editados que se lles facilitarán desde as asociacións adheridas á campaña ou directamente, da coordinación. Ademáis, poden obtelos en formato dixital desde a Area de Participantes. No material pedagóxico están descritas cada unha das actividades , detallando os seus obxectivos específicos, contidosv(desglosados en conceptuais, procedimentais e actitudinais) e pautas para a avaliación. Para as tres actividades principias detallarase na area á que pertence cada obxectivo e contido, facilitando así que o/a educador/a poidan cumprir o seu proxecto pedagóxico, se así o consideran oportuno, recorrendo a elas.
Tamén se pode solicitar ou baixar de Internet
o material de presentación da campaña, onde
se resume o papel dos centros de ensino.
A coordinación estatal da campaña será un
referente continuo para os/as educadores/as.
Calqueira dubida ou necesidade de material pódese
satisfacer póndose en contacto con ela. |
|
|
 |

|
|