a APOSTA

Presentación
a ApostaO clima está cambiando, está a facelo dun xeito e a un ritmo ao que nos custará adaptarnos sen pasar por serias crises a non ser que reduzamos as emisóns de gases do efecto invernadoiro (GEI), a principal causa deste Cambio Climático.

Os distintos estados europeos non están sendo capaces de tomar medidas eficaces para facelo. "A Aposta polo Clima" é unha campaña que busca demostrar que, a mocidade, con só un pouco de vontade, inxenio e sen necesidade de recorrer a caras tecnoloxías somos capaces de reducir as emisións de GEI.

A primeira Aposta fíxose en Alemaña en 1998, onde as/os mózas/os foron capaces de aforrar 10 millóns de kg de CO2 en tan só un ano escolar. A raíz do éxito da iniciativa, fixéronse novas edicións da Aposta. Así, na última edición acadouse un rexistro de apostantes que chegou ata 50.000 participantes na campaña europea (ver Enlaces) que apostaron polo aforro e ...¡¡gañaron de novo!!.

Nesta páxina atoparás toda a información que necesitas para adherirte ao proxecto. Explicámosche en que consiste a campaña e aclaramos algúns conceptos sobre o Cambio Climático e as medidas políticas que buscan atallar as suas causas. As/Os participantes atoparedes todo o necesario para realizar as actividades, seguir a campaña e consultar as vosas dúbidas.

En España está organizada polo Consello da Xuventude de España e Amigos da Tierra Juventude e coordínase dende unha oficina propia en Sevilla. Conta co apoio do Ministerio de Medio Ambiente , A Comunidade de Madrid e a Consellería de Medio Ambiente da Junta de Andalucía.

¿Qué pode aportar a Aposta?

Nos últimos anos confirmouse que as solucións aos problemas ambientais pasan indefectiblemente pola negociación e a cooperación articulada entre a cidadanía, autoridades e sociedades civís. A Aposta quixo, e cremos que foi confirmado, ser un programa de Educación Ambiental sobre a reducción de emisións de gases do efecto invernadoiro que implica a todos eles na acción real do aforro.

A mocidade apostante descubriu na Aposta o seu papel responsable como axente do aforro e da demanda política de reduccións de emisións, coincidindo na práctica coas autoridades do medio ambiente e a xuventude. Coñecen nesta campaña os instrumentos prácticos e desenvolven as actitudes desexables nunha sociedade que cre nun marco de desenvolvimento coherente cun entorno natural seguro e amable.

A aposta amosa á xuventude, dun xeito divertido e formalizado, os diferentes papeis que poden adquirir para contribuir en positivo a mellorar a relación entre a sociedade e o medio ambiente.

Tras revisar obxectivos da campaña e analizar as potenciais melloras, xa se están desenvolvendo e organizando os cambios que se realizarán na Aposta 2002 para fomentar as oportunidades da campaña.

Quizáis o cambio máis significativo que presentará A Aposta será a sua duración, que se reducirá a 6 meses. O periodo coincidirá coa Presidencia Europea de España, de xaneiro a xuño do 2002.

Motivará a participación de moitas/os apostantes, xa que a campaña de divulgación comezará antes (e incluirá o Acto de Proclamación de Ganadores de A Aposta 2000 e A presentación da nova campaña de Xaneiro) e facilitará a realización de actividades nos centros, que non estarán comprometidos todo o curso. As/os mozas/os motivaranse ao aceptar un reto maior, superándose a si mesmas/os e tendo o aliciente dun resultado máis preto e rápido.

Implicará unha maior coordinación de responsables de A Aposta, para engadir rapidez e fluencia na comunicación e distribución de materiais, así como dilixencia na recollida de datos.

Para a contraparte (Ministerio de Medio Ambiente) implicará maior compromiso con A Aposta, requerindo maior rapidez e fluencia nas suas comunicacións cas/os apostantes e participantes, demostrando así, que acepta o reto ao que se enfrenta a Unión Europea de reducir o 8% de emisións de CO2, e apoiando máis a iniciativa como fixeron os seus homólogos europeos. Ademáis, simultáneamente a esta trama principal, produciranse múltiples actividades complementarias.

As/Os reponsables de levar a cabo a actividade, as/os educadoras/es, dispoñerán de abundante material redactado ao efecto, así como de asesoramento e axuda por parte da coordinación estatal da campaña.

Nota: ainda que o contido de A Aposta presentada ante as autoridades limítase a centros de ensino e a aforros de auga, electricidade e calefacción, a campaña , como proxecto, é máis amplo. Por elo, son mais os niveis de participación, e o aforro se refire tamén a varios residuos e ao transporte.

A cantidade de CO2 que as/os “apostantes” deixen de emitir contabilizarase con dous obxectivos diferentes.

1.- Cumprir o apostado.
Compróbase si o CO2 que se deixou de emitir corresponde ó 8% do emitido o curso anterior. Si é así, o centro cumpriría o apostado e pasaría a ser un dos centros europeos que figurarán como eficaces no aforro. Estaremos demostrando (e ímolo facer) que o máis importante que se precisa para reducir os GEI é firme vontade de acadalo.

2.-
Bolsa total de CO2 deixado de emitir.
O valor en Kg. do CO2 deixado de emitir por todas/os as/os “apostantes” a todos os niveis e seguindo calquera das técnicas de aforro vanse sumar. Así obteremos o total de CO2 que as/os mozos/as deixen de emitir aplicando medidas domésticas.

Non tes escusa para non participar na A Aposta. Ao realizar calquera acción que aforre enerxía, automáticamente poderás obter o teu bono de aforro de CO2, e así contribuir á bolsa total de CO2 aforrado. Ademáis, terás libertade para “fabricar” unha aposta a tua medida, retando a institucións rexionais, provinciais, locais... ¡¡ mesmo ó director do colexio!!
Se de verdade te gustan os retos, participa no programa completo de “A Aposta”, enfocado a asociacións xuvenis e centros educativos de primaria e secundaria.

Durante a campaña, as/os participantes deberán revisar os consumos que se producen no seu centro de estudios ou de reunión e incluso, se queren, nos seus fogares, co obxectivo final de reducilos.

© 2000 por GRUPO 5