Amigos da Terra cre que o noso goberno debería facer máis para frear o cambio climático. Sen accións urxentes, secas, inundacións e climas extremos formarán parte do noso día a día e afectarán a persoas arredor de todo o mundo.

Por este motivo os grupos de Amigos da Terra en España puxeron en marcha S.O.S. Clima, unha campaña para pedir aos gobernos o compromiso de reducir anualmente as emisións de CO2. Con este obxectivo a curto prazo e un mecanismo de cumprimento adoitado faremos efectiva a responsabilidade política para cos seus cidadáns.

A campaña lánzase en 17 países da Unión Europea pedindo que os gobernos europeos comprométanse a reducir ano a ano as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. Estes recortes deberían reducir polo menos un 30% as emisións na UE en 2020 e un 90% en 2050.

Para máis información:
www.sosclima.org