Durante as próximas semanas os representantes europeos decidirán en nome de europeos e europeas cal debe ser a nosa resposta ao cambio climático. Liderarán a loita para manter quecemento global por baixo de 2°C.

2009 será un ano crucial para conseguir un acordo post-2012. Os estados do mundo reuniranse na Conferencia das Nacións Unidas en Copenhague para traballar nun Acordo Internacional que aborde o Cambio Climático despois do acordo de Quioto. ¡Toma partido!

Ata agora a Unión Europea apoiou un acordo global para recortar as emisións polo menos nun 30% para o 2020 e evitar os peores impactos do quecemento global. O primeiro paso é conseguir un acordo para reducir as emisións europeas que demostre que a UE ten vontade suficiente para liderar as negociacións internacionais.

Apoia a campaña Time to Lead! e escribe aos teus líderes políticos para que apoien a adopción de políticas fortes na loita contra o cambio climático. Amigos da Terra, Climate Action Network – Europe, Greenpeace, e WWF, representando a uns 5 millóns de votantes europeos, uníronse nesta campaña para conseguir a adopción de medidas fortes e serias en cambio climático para a UE. A través desta campaña pública animamos aos líderes dicindo: É hora de liderar a loita!

Se queres saber máis sobre a campaña pica aquí.