Amigos da Terra invítalle a participar por si mesma/o na recompilación de publicidade ilícita que posteriormente será empregada en actividades de denuncia e presión para esixir ás Administracións e aos fabricantes que cumpran como mínimo coa normativa vixente, abandonando a publicidade enganosa, e á Unión Europea que obrigue a dedicar o 20% do anuncio publicitario a informar sobre as emisións. O procedemento é simple, non leva máis que cinco minutos e non custa nada.

Informar dun xeito claro e nítido das emisións de CO2 é unha forma de que o mesmo consumidor poida comparar entre uns modelos e outros e elixir os que menos contribúan ao cambio climático, ademais de dificultar o emprego da publicidade enganosa utilizada por moitos fabricantes cando denominan como ecolóxicos ou respectuosos co medio ambiente a modelos de elevadas emisións.

Para permitirnos exercer este dereito, supostamente esixido polo Real Decreto 837/2002, e apoiar esta campaña so fará falta que fagas o seguinte:

1. Fotografar ou escanear o anuncio de coches que non mostra claramente as emisións e/ou o consumo de combustible do vehículo.

2. Encher o formulario de protesta e enviar a foto escaneada a través desta páxina.

3. Presentar a súa queixa e, se vostede quere, repetir a operación con outro anuncio.

Máis información pica aquí.