Un ano máis, a Copa España de Caza de Raposo tivo lugar nos montes galegos. A localidade de Rodeiro en Lalín, acolleu o pasado sábado este encontro no que se deron cita centos de cazadores para dar morte ao maior número de raposos que puidesen baixo o concepto de “ocio” ou “deporte”.

Á cita no faltaron os colectivos de defensa dos animais, entre os que estabamos nós, que en pequenos grupos acompañamos aos cazadores intentando asustar aos raposos con pitos e deste modo evitar que os abatesen.

 

Fainos moita graza que os cazadores reivindiquen que son eles os que coidan do monte e o limpan,cando a realidade é moi distinta. Os ecoloxistas tivemos que ir detrás de eles recollendo o lixo que deixaron tirado por todas partes (cartuchos, restos do xantar, paquetes de tabaco, envoltorios,etc..)

Tras a batida tivo lugar unha concentración pacífica de protesta na praza de Rodeiro, na que reivindicamos o cese de esta actividade na que se mata por puro pracer e non para regular a poboación de raposos, tal e como din desde a Federación de Caza  para xustificarse.

O único dato positivo que podemos sacar deste cruel encontro é, que o número de raposos abatidos, reduciuse considerablemente co respecto outros anos, pasando de 73 pezas en 2008 a 43 nesta edición.

Ver vídeo