Membros do colectivo ecoloxista achegáronse onte ata á canceira municipal co propósito de visitar os cans para unha posible adopción.

A primeira chamada de atención foi o drástico descendo do número de cans respecto á visita que o pasado mes de novembro se levou a cabo no recinto, xa que daquela había uns 300 cans e onte non se contabilizaron máis de 200. Nembargante, non houbo máis explicación que a presunta morte natural dos animais.


Ademais, os cans mortos son transportados ata unha fosa feita nun descampado ao carón das gaiolas e dentro do recinto municipal, onde son depositados e rociados con cal viva para a súa descomposición, segundo puideron comprobar os ecoloxistas.

Cadela morta canceira municipal de A Medela (O Carballiño)

A fosa é, en realidade, un buraco feito na terra. As substancias que emanan os cadáveres e a propia cal que se lles bota, está en contacto directo coa terra conseguindo unha presunta contaminación da mesma e dos acuíferos subterráneos.

Pero, ademais de solicitarse unha comprobación do estado da terra no lugar, os denunciantes piden que se abra unha investigación seria e rigorosa, atendendo á posibilidade de solicitar que se lle faga a necropsia a algún dos cans e comprobar cientificamente as causas que levaron á morte dos mesmos, e se depuren responsabilidades por presunto ilícito penal por maltrato con resultado de morte, presuntas infraccións administrativas da Lei de protección animal de Galicia, 1/1993, do 13 de abril, e, finalmente, por incorrer nunha presunta infracción do Regulamento europeo que regula a xestión por axente competente da recollida e depósito dos cadáveres de animais mortos para a súa posterior incineración, se procede.

Fosa cans mortos. Canceira municipal de A Medela. 3 de marzo de 2009

O eixe principal da denuncia dos diferentes colectivos ecoloxistas e animalistas de Galicia que aunan as súas voces esixindo explicacións, radica en coñecer cal é o protocolo que se está a levar a cabo para rexistrar ou certificar as causas das mortes dos animais, e cal é o método que se segue para finalizar coa agonía dos cans se estes padecen graves enfermidades que os conducen á morte, como esgrimen dende a canceira.

Gaiolas baleiras. Canceira municipal de A Medela. 3 de marzo de 2009

Por outra banda, descoñécese se existe autorización da administración competente, isto é, da Consellería de Medio Ambiente e da Consellería do Medio Rural, para o depósito libre e sen xestión previa dos cadáveres dos cans e cal é o servizo veterinario oficial que acredita e censa ditas defuncións.

Por último, cómpre saber se esta canceira municipal está debidamente dada de alta como “núcleo zoolóxico” no Rexistro Oficial da Consellería de Medio Ambiente.

En definitiva, solicítanse unha serie de documentos tendentes á comprobación da suposta regularidade da canceira.

Coa apertura das investigacións, Amigos da Terra, Adega, Abeiro, Libera, Matar por matar, non!, entre outros colectivos, esperan se poña fin ao que consideran unha agresión ambiental á fauna e á flora con posible contaminación de augas e da saúde pública dos traballadores por emisións á atmosfera de partículas emanadas ao ar provintes das fosas.

Reportaxe TVG da noticia (páxina 2)

Gravación feita por Amigos da Terra (03/03/09)