Dentro da programación do I Encontro de ex-voluntarios europeos, organizado por Amigos da Terra e englobado dentro do contexto do programa Xuventude en Acción da Unión Europea, mañá venres ás 18.30h. no edificio de Ferro, aula 2, do Campus Universitario de Ourense, terá lugar unha charla sobre o Servizo Voluntariado Europeo (SVE), co obxectivo de fomentar a participación da xuventude no mesmo.

Este Encontro, que conta coa participación de 20 ex-voluntarios de Amigos da Terra vidos de Italia, Francia, Lituania, Finlandia, Hungría, entre outros, é apoiado pola Axencia Nacional – INJUVE e a antiga Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.