fosa_cansmortos_portadaCo recoñecemento deste dereito de asistencia xurídica gratuíta, desígnase avogado de oficio á entidade ecoloxista que levará o caso da canceira de O Carballiño nos xulgados.

En marzo deste ano, Amigos da Terra tramitou denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de O Carballiño e ante o Xulgado da mesma localidade, para pór no coñecemento de ambos órganos a existencia dunha gran fosa chea de cadáveres de cans pertencentes á canceira de “A Medela”, recubertos con cal e cuias mortes aínda están por esclarecer.

A Lei 27/2006, do 18 de xullo, que é resultado da trasposición do Convenio internacional Aarhus, recoñece a xustiza gratuíta ás ONGs ecoloxistas que acrediten cumplir unha serie de requisitos, dereito tamén recoñecido e amparadado pola Lei do ano 1996, de asistencia xurídica gratuíta.

Na Comunidade Autónoma galega é a primeira vez que se da recoñecemento deste dereito a unha asociación ecoloxista que pretende facer o seguimento do caso denunciado ante o xulgado e que, doutro modo, lle carrexaría uns custos aos que non podería facer fronte.

Fonte: Amigos da Terra. 3 marzo 2009. A Medela

Mortos_recentes_marzo

A trascendencia do caso de “A Medela” onde se produciu un presunto maltrato animal con resultado de morte subsumible e penalizado no artigo 337 do Código Penal, e o amplo número de probas aportadas e propostas, fan pensar aos membros do colectivo que se porá fin á instrucción que agora está no xulgado de Carballiño e iniciarase xuízo penal en Ourense. Todo elo, para evitar a impunidade dun grave caso de maltrato animal e da ilegal xestión administrativa sobre a canceira.

Coa designación dun avogado de oficio para levar o caso da canceira municipal, tamén se da recoñecemento á necesidade de facilitar recursos para a protección do medio ambiente ante a Administración de Xustiza, xa que a via administrativa continua a ser inoperante pola desidia dos órganos administrativos.