encinha

Amigos da Terra demanda da Administración de Estradas do Estado, unha contestación ás argumentacións presentadas en contra do proxecto que afectaría irreversiblemente á Serra da Enciña da Lastra, que acolle o nomeamento de Parque Natural, dispón de diversos Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e dunha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

As alegacións foron presentadas fai un ano e dirixidas á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. As mesmas tramitáronse dentro do prazo legalmente establecido e estando sometido a información pública o Estudo Informativo “Autovía A -76. Ponferrada – Ourense”. Amigos da Terra di que ante as Administracións, as alegacións parecen carecer de valor xurídico cando existe normativa que non as toma como un mero trámite administrativo, senón como un verdadeiro elemento substantivo do proceso de participación.

Neste senso, a Lei 27/2006, do 18 de xullo, resultado da trasposición do Convenio internacional de Aarhus e da Directiva que da acceso á participación pública, cita expresamente que “unha vez se examinen as opinións feitas polo público, informarase ao mesmo das decisións adoptadas e dos motivos nos que se basean ditas decisións”. Amigos da Terra denuncia que nunca foi tomado en conta o tenor deste artigo xa que de modo reiterado, as Administracións nin incorporan as alegacións aos proxectos, nin remiten contestación a quen elabora e envía ditas alegacións. Tamén a Lei de Procedemento Administrativo Común, recolle que aqueles que presenten alegacións no trámite de información pública “teñen dereito a obter da Administración unha resposta razoada”.

En outubro do ano pasado, Amigos da Terra entregou á asesora xurídica de David Hammerstein, europarlamentario, un estudo elaborado pola xornalista galega Cristina de la Torre, sobre o perigo de extinción do Parque Natural da Enciña da Lastra. A entrega deste documento serviu para pór en coñecemento de Bruxelas a incoherencia anunciada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza que, por un lado, presentara un dossier no que destacaba que o LIC da Lastra se duplicaría, pasando de 1.742 ha. a 3.469 ha. e, doutro lado, a pasividade ante Madrid para frear o quebranto da Serra da Lastra existindo, ademais, trazados alternativos menos impactantes co medio.

Máis información Amigos da Terra:

Alegacións

Enciña da Lastra en Europa

Autovía Cuenca-Teruel