090924_bolsasdeteacolores

Para Amigos da Terra resulta sorprendente que coas bolsas de plástico non se fixese ningunha declaración sobre a saúde das persoas e en cambio coas de bolsas de tea sí.

Ante as recentes declaracións aparecidas nos medios de comunicación por parte do Colexio de Fisioterapeutas da Comunidade de Madrid, nas que se argumenta que “as bolsas de tea poden ser prexudiciais para a saúde dos consumidores/as, Amigos da Terra considera que se trata de unha argumentación sen peso, coa que se quere dar unha mala publicidade á eliminación progresiva das bolsas de plástico no noso país. O Colexio afirma que ao poder soportar máis peso que as convencionais de plástico, vanse utilizar menos bolsas á hora de facer a compra, o que lles pode carrexar problemas de costas a longo prazo.

María Durán, responsable da área de residuos de Amigos da Terra indica que os argumentos que dan os fisioterapeutas son moi débiles, “xa que os cidadáns son conscientes de que se van levar moito peso, necesitarán varias bolsas de tea, ao igual que facían coas de plástico ou utilizarán outras alternativas como o carro, moito mellor método que calquera bolsa para a saúde dos consumidores”.

As nosas razóns para rexeitar as bolsas de plástico:

A produción de bolsas dun só uso ao ano en España necesita da utilización de grandes cantidades de recursos naturais, tales como o petróleo, auga e madeira. A súa vida útil actualmente é de tan só 20 minutos, dende que se adquire en calquera comercio ata que o/a cliente chega ao seu domicilio. Ademais, só un 10% das bolsas de plástico son depositadas correctamente no colector amarelo para a súa reciclaxe, e o resto rematan en vertedoiros e incineradoras, desperdiciando así os recursos naturais e emitindo contaminación, e o que é aínda peor, debido ao seu lixeiro peso, son transportadas pola auga e o vento, sendo o destino de moitas delas o mar, os ríos, parques ou montañas, polo tanto, a súa reciclaxe non é efectiva.

As alternativas propostas por Amigos da Terra

Amigos da Terra anima a consumidores e consumidoras a que recuperen as alternativas existentes: bolsa de tea, mochilas, carriños da compra, cestas, caixas, todos eles reutilizables e reparables, única forma de asegurar a redución da xeración de residuos, e polo tanto, da sobre-explotación e esgotamento dos recursos naturais.

090924_carrocompra

“Non se trata de implantar novas modas, senón de recuperar hábitos xa esquecidos, máis sostibles e non por iso, prexudiciais para a saúde das persoas”, engade a responsable de residuos.

Máis información