091113_manifazaragoza

Mañá, sábado 17 de abril ás 11.30 horas terá lugar en Madrid a 2º Manifestación Estatal Antitransxénicos, partindo dende a Porta de Alcalá ata o Ministerio de Medio, Medio Rural e Mariño. Baixo o lema “Por unha Alimentación e unha Agricultura Libres de Transxénicos”, todo un conxunto de organizacións ecoloxistas, agrarias, de consumidores e moitas outras esixirán ao Goberno do PSOE que prohiba, dunha vez, o cultivo de transxénicos no noso país.

O Goberno segue tolerando o cultivo a gran escala de Organismos Modificados Xeneticamente (OMG) en territorio español, en contra da maioría social e fronte á actitude de precaución adoptada por países como Francia, Austria, Alemaña, Hungría, Luxemburgo, Polonia, Irlanda, Grecia ou Italia, que manteñen moratorias e prohibicións ao seu cultivo. Os niveis de irresponsabilidade política no Goberno alcanzaron cotas perigosas. De feito, e por primeira vez, o Ministerio do Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño recoñeceu o pasado mes de outubro a existencia de persoas e de empresas que sufriron os efectos da política de transxénicos levada a cabo polo Executivo español.

A postura do Goberno, ademais de prexudicar o noso medio e poñer en perigo a saúde pública, está a conseguir que a imaxe de España e dos seus produtos alimentarios no exterior se vexa gravemente danada.

Animámosvos a apuntarvos ao autocarro de balde no que a PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS asistirá á manifestación de mañá. Se queredes participar na manifestación e apuntarvos ao autocarro poñervos en contacto con:

nacional@sindicatolabrego.com ou nos teléfonos: 981554147 e 680118479.

Comunicado de Prensa

Ademais, aquí tedes a resposta da Plataforma Galega Antitransxénicos ao comunicado de prensa enviado na tarde do martes 13 de abril pola Consellería de Medio Rural, tras a rolda de prensa que tivo lugar esa mesma mañá.