Amigos da Terra, acolle a tres novas persoas voluntarias europeas: Balint Mezo de Hungría, Aurel Rusnak de Eslovaquia e Sandra Almeida de Portugal, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano.
Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven en Amigos da Terra e no centro de “As Corcerizas”.
O proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.
A asociación Amigos da Terra conta na actualidade con outra voluntaria europea Lucie Allain de Francia, que participa no mesmo proxecto dentro do programa xuventude da Unión Europea.
Dende Amigos da Terra queremos animar a todos os mozos e mozas que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que se pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.