salva_o_tren

Tras anos de reunións, presentación de alternativas, elaboración de informes, denuncias públicas… o incasable traballo feito por colectivos membros da Plataforma Salva o Tren, do que forma parte Amigos da Terra; materialízase no compromiso do Ministerio de Fomento para manter as infraestruturas nas líneas de proximidades de Galicia.

Logo da reunión mantida o pasado sábado entre Fernando Gómez Camareiro, coordinador xeral dá Plataforma Salva o Tren, e o director xeral de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) Carlos María Juárez; confirmouse a intención deste último de manter a infraestrutura convencional no seu sitio sen desmonte de vías e permanecendo operativa en case a totalidade do Eixo Atlántico.

Nos tramos nos que non sexa posible funcionar como vía convencional, conclúese das últimas reunións co Ministerio, farase unha modificación nas súas travesas incorporándolles un terceiro carril; para que convivan na mesma infraestrutura, tantos os trens de alta velocidade con ancho internacional, como os futuros proximidades.

Unha grande nova de cara vertebración do territorio galego, cun modelo de transporte eficaz e eficiente que representa unha alternativa sostible fronte ao vehículo privado.