Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. O 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.

Queres entender por que?

Os días 7, 8 e 9 de novembro terán lugar as xornadas ‘Dereito á alimentación e soberanía alimentaria’, unha formación organizada pola Coordinadora Galega de ONGD que contará coa participación de persoas expertas como Gustavo Duch e Esther Vivas e Patricia Dopazo.

soberania-alimentaria_01

Esther Vivas, activista altermundista, representante de Izquierda Anticapitalista , é membro do Centro de Estudos sobre movementos sociais da Universidade Pompeu Fabra e colaboradora da Universidade Autónoma de Barcelona. É autora de libros como Del Campo al Plato ou Resistencias Globales. De Seattle a la crisis de Wall Street, entre outros.

Patricia Dopazo, Máster en Agroecoloxía polo ISEC, coordinadora da área de soberanía alimentaria de ACSUD Las Segovias . Colabora na revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas e é experta en circuitos curtos de consumo.

Gustavo Duch, colaborador de movementos e campañas sobre Soberanía Alimentaria dos Pobos, é un dos fundadores de Veterinarios sen Fronteiras e autor de libros como Lo que hay que tragar ou Alimentos Bajo Sospecha. Colabora habitualmente en El Periódico de Catalunya, Público e El Correo Vasco.


Ademáis celebrarase unha
mesa redonda coa presencia de colectivos e plataformas que traballan no ámbito da soberanía alimentaria dende Galicia como:

  • Sindicato Labrego Galego (Carme Friere)
  • Plataforma Galega Antitransxéncios (Amigos da Terra)
  • Redes de Consumo (A Cova da Terra).
  • Comisión de Comercio Xusto (Coordinadora Galega de ONGD)

Inscríbete gratis ao curso e accede a máis información sobre os relatores e o programa pinchando aquí.