campo_de_arroz

Levou sete anos, equipos de xuventude activistas, e numerosos incondicionais partidarios, pero no mes de setembro de 2011 o Goberno chinés dixo finalmente que estaba a suspende-la comercialización do arroz modificado xeneticamente (MX).

Consulta o histórico completo no revista online de Greenpeace Asia- Leste

A orixe do cultivo de arroz localízase no val do río Yangtza, en China, con algunhas estimacións que o remontan ó redor dos 7.000 de antigüidade. Por entón, o arroz convertérase en parte integral da vida e cultura chinesas. Ditaba a vida de millóns de agricultores/as do rural chinés, alimentaba en torno ós mil millóns de cidadás/ns ó ano e era sinónimo de da cociña e cultura chinesa. E Yunnan, no suroeste do país, é de onde era orixinario gran parte dese arroz.

En outubro do ano 2004, Sze Pang Cheung e o seu equipo puxeron rumbo a Yunnan, onde moitas das persoas locais empregaban métodos de agricultura sustentable. Fornecéronos con cámaras de xeito que puideran gravar os seus costumes, incluíndo o cultivo do “arroz- pato” onde os patos nadan polas leiras inundadas do arroz, comendo as pragas e fertilizando o campo co seu abono natural. O cultivo do arroz- pato leva practicándose ó redor de 2.000 anos.

O percorrido tivo tanto éxito que o aluguer das cámaras foi estendido durante un ano, recollendo as imaxes nun bonito libro. Pero foi cando estaban a piques de partir cara o sur, que o equipo recibiu malas novas: científicos chineses pediran un permiso para comercializar catro variedades de arroz chinés modificado xenéticamente. Mentres o movemento dos científicos non significaba que a distribución do produto empezara deseguido, era un gran paso cada a súa comercialización.

De modo que cando o equipo volveu ós campos de arroz- pato, foron os poboadores locais quen se sumaron á campaña. Primeiro desfixeron a complexa rede de actores involucrados no fomento desta comercialización.

“Para que un científico teña un alto nivel de credibilidade necesita estar á marxe dos órganos decisorios e da industria. Pero na China, os científicos do MX estaban nun grupo en rede tan pechado que as persoas sentadas nos consellos para o investimento de fondos, os consellos de bio- seguridade que certifican a seguridade do produto, os científicos dos institutos de investigacións sociais, e aqueles nas compañías de bio- tecnoloxía que planeaban producir e beneficiarse do arroz MX, estaban estreitamente conectados”, explica Sze Pang Cheung.

Filtraron as súas conclusións á prensa. A web do engano foi publicada no Southern Weekend, un xornal do Guangdong. “Despois de que a historia saíra á luz os científicos do arroz XM e os expertos foron inundados con tantas chamadas que semellaban ter apagados os seus teléfonos durante tres meses”, di Sze Pang Cheung.

Isabelle Meister, nada en Suíza, xa era unha veterana activista cando se uniu ó equipo de China no ano 2005. “Era más doado atacar á corporación polos seus métodos e produtos sucios”, dicía ela. “Pero, que fas cando os malos son os científicos en institutos con financiamento público, ou os sentados nunha xunta de Goberno? Os científicos deben ser neutrais. Non deberían ser ós que vostede quere atacar. Así que iso foi un gran shock para min”.

Isabelle decidiu emprega-lo método da campaña engadíndolles unhas características chinesas: China é un país onde os cartos falan, o patriotismo prevalece e a xente toma moi en serie os seus alimentos. De maneira que a campaña centrouse no arroz MX coma unha ameaza á soberanía alimentaria. As empresas multinacionais –non agricultores chineses- queríanse beneficiar da comercialización do arroz MX dende os investimentos na súa tecnoloxía e patentes.

Para a fin de 2009 semellaba moito, e inevitable, que o arroz producido na China fose ser maioritariamente modificado xeneticamente. Tempo despois do feito, o Goberno chinés anunciou que unha reunión secreta multi- ministerial pasara dúas liñas do arroz MX: a pesares de que non recibira os certificados de bio- seguridade nese momento.

Os políticos chineses comezaron a ter dúbidas acerca da enxeñaría xenética, seguida dunha cadea de celebridades chinesas, incluíndo a filla de Mao Zedong e o pai do arroz híbrido de China, Yuan Longping. Varios académicos do país asinaron unha petición chamando á precaución respecto ó arroz MX e presentárona ó Parlamento.

“A presión sobre o Ministerio de Agricultura foi tan alta que realmente viuse obrigado a anunciar que non fora concedida ningunha aprobación do arroz MX que o arroz de GE seguía a ser ilegal” , di Isabelle.

O momento estaba xa maduro para poderen iniciar unha campaña a grande escala contra o arroz MX. O equipo sinalou ó xigante minorista estadounidense Walmart pola venda do arroz MX na China e presentou accións legais contra ela. O equipo distribuíu unha guía de compras sobre MX á medio millón de consumidores chineses a través de móbiles e servizos da internet. Os consumidores chineses uníronse á campaña, demandando ás empresas e esixindo que a súa postura fose non- MX.


A activista da campaña Lorena Luo nunca esquecerá a unha lectora que estaba tan involucrada que ela voluntariamente comprobaba tódalas marcas das súas comidas favoritas no supermercado local, comparándoo coa Guía de consumo que elaboraran. A muller logo chamou ás marcas incluídas na lista vermella e lles dixo que como consumidora lle gustaría que se volveran non- MX. Mostrou un tipo de persistencia que coincidiría con calquera dos nosos defensores internos.

O arroz MX tomou os medios: TV, programas, xornais e medios online sumáronse ó debate. Isabelle instou ó seu equipo a conseguir que as empresas fixeran promesas de non- MX. Dúas grandes corporacións, Cofco e Yihai Kerry víronse deseguida obrigadas, e unha cadea de supermercados tamén prometeu non usar ingredientes de EX nas súas propias marcas, nin nos seus produtos frescos non envasados como froitas, verduras e gran.

E logo, en setembro de 2011, chegou a gran nova pola que todos estabamos agardando. No xornal semanal financeiro máis importante da China, o Economic Observer citou unha fonte de información próxima ó Ministerio de Agricultura, dicindo que China suspendera a comercialización do arroz de enxeñaría xenética.


Versión orixinal do texto Greenpeace

Traducido por: Lucía Mendoza – mendoza.lux@gmail.com