4 de abril de 2012, Washington (Estados Unidos), Montevideo (Uruguai), París (Francia)

 

Informe_lucha_contra_MonsantoHoxe, no día en que o xigante da biotecnoloxía Monsanto (NYSE: MON) publica as súas ganancias do segundo trimestre, un novo informe de organizacións da sociedade civil sinala que:

Os pequenos/as produtores/as e os agricultores/as orgánicos, ao igual que as comunidades locais e os movementos sociais de todo o mundo, resisten e rexeitan cada vez máis a Monsanto e ao modelo de agricultura industrial que representa.

O novo informe, realizado conxuntamente por La Vía Campesina, Amigos da Terra Internacional e Combat Monsanto (e dispoñible en inglés, francés e español [1]), brinda unha mirada das principais loitas contra Monsanto e outras empresas de agroquímicos que presionan para impoñer os cultivos xeneticamente modificados (OXM) aos agricultores/as e o medio.

O informe mostra que a oposición cada vez máis forte dos movementos sociais e das organizacións da sociedade civil, están tendo un impacto na introdución dos cultivos XM; sostivo Josie Riffaud de La Vía Campesina.

As testemuñas e a análise dos contidos no informe, pretenden inspirar e unir os/as consumidores/as, activistas e comunidades en contra dos abusos cometidos por Monsanto e outras empresas de biotecnoloxía do mundo.

Quen responsabilizará a Monsanto da devastación mundial da biodiversidade, da erosión do chan e das violacións aos dereitos campesiños provocados pola utilización de produtos en base ao petróleo que son necesarios para a agricultura industrial?, preguntouse Dena Hoff da Coalición Nacional de Agricultures Familiares/A Vía Campesina América do Norte. Os/as agricultores/as de todo o mundo estamos a resistir pola soberanía alimentaria, pero o resto do mundo debe sumarse, agregó.

Este novo informe documenta a forte oposición a esta poderosa empresa trasnacional, que promove os seus produtos xeneticamente modificados aparentemente sen ter en conta os custos sociais, económicos e ambientais, afirmó Martín Drago, coordinador do Programa de Soberanía Alimentaria de Amigos da Tierra Internacional.

A mayoría da población en Europa oponse á produción de alimentos xeneticamente modificados, e varios países europeos agora teñen moratorias nacionais que prohíben o millo MON810 de Monsanto e as patacas Amflora de BASF, a pesar da forte presión da industria de biotecnoloxía e da Comisión Europea de levantar as moratorias, sostivo Heloise Claudon da organización Combat Monsanto.

A utilización de cultivos XM destrúe a diversidade dos cultivos, homoxeneiza os alimentos e elimina o coñecemento e a cultura local.
Desta e doutras formas, a desigualdade, a pobreza e a explotación dos recursos naturais logran prosperar no sistema mundial de alimentos, que se centra na xeración de ganancias e non na produción de alimentos sustentables nin na soberanía alimentaria.

A área total plantada con cultivos XM abarca tan só un 3% da terra agrícola mundial. Un 97% da terra agrícola do mundo continúa estando libre de transxénicos. A plantación de cultivos XM restrínxese a poucos países: 90% dos cultivos XM son plantados en Estados Unidos, Brasil, Arxentina, India e Canadá. Case un 60% dos experimentos en campos de cultivos XM son realizados en Estados Unidos.

A gran mayoríaa dos cultivos XM son destinados a alimento para animais en países ricos, en lugar de alimentos para os pobres ou os que padecen fame.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

  • En Uruguay (en español):

Martín Drago, coordinador do programa Soberanía Alimentaria de Amigos da Terra Internacional: martin.drago@redes.org.uy ou Tel: +598 (99) 13 85 59

  • En Estados Unidos (en inglés):

Dena Hoff, Coalición Nacional de Agricultores Familiares / A Vía Campesiña América do Norte – Tel: + 1 (406) 939 -1839

  • En Francia (en francés).

Josie Riffaud de A Vía Campesina: josieriffaud@yahoo.fr ou Tel: + 33(0) 6 13 10 52 91
Heloise Claudon de Combat Monsanto: heloise.claudon@combat-monsanto.org ou Tel: + 33 (0) 6 01 85 30 80

NOTAS:

El Informe está disponible:

  • En Español

Lucha contra Monsanto: Resistencia de los movimientos de base al poder empresarial del agronegocio en la era de la ‘economía verde’ y un clima cambiante.  

 

  • In English

Combatting Monsanto Grassroots resistance to the corporate power of agribusiness in the era of the ‘green economy’ and a changing climate. 

  • En Francais

Combattre Monsanto: Résistance populaire au pouvoir de l’industrie agroalimentaire à l’heure de ‘l’économie verte’ et du changement climatique.

A Via Campesina é un movemento internacional que reúne a millóns de campesiños, pequenos e medianos produtores/as, xente sen terra, mulleres campesiñas, pobos indíxenas, emigrantes e traballadores/as agrícolas de todo o mundo.

Amigos da Terra Internacional é a federación ambientalista de base má¡s grande do mundo. Conta con 76 grupos nacionais en 76 países e máis de dous millóns de membros e seguidores individuais.

Combat Monsanto coordina campañas e accións en contra dos métodos prexudiciais da industria da biotecnoloxía e vincula a resistencia a nivel mundial pola soberanía alimentaria.

Lucha contra Monsanto: Resistencia de los movimientos de base al poder empresarial del
agronegocio en la era de la ‘economía verde’ y un clima cambiante