cartaz_desafio_solidario2012_copy

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Desafío Solidario 2012, un evento deportivo organizado por Vía XVIII e a Cruz Vermella de Maceda que ten como obxectivo solidario deste ano, coa colaboración de Amigos da Terra, participar na reforestación da Serra de San Mamede despois das perdas acaidas polos lumes do pasado outubro.

A proba terá lugar o día 20 de maio a partir das 9 da mañá e conta con tres modalidades de participación: marcha BTT, carreira e andaina. Os diferentes percorridos permitirán que te achegues a coñecer os diferentes pobos encravados ao pe da Serra de San Mamede, percorrendo paisaxes de gran beleza nun entorno natural protexido, aínda que moi castigado.

A cota de inscrición é de 16 €, dos cales 10€ se destinarán a sufragar os gastos que ocasiona a celebración do evento e 6€ irán, en concepto de donativo, á repoboación forestal da Serra de San Mamede; proxecto que levará a cabo Amigos da Terra a través do traballo con voluntariado.

Para máis información sobre a carreira e os percorridos nas diferentes modalidades en Vía XVIII

Para formalizar a inscrición

Para participar como voluntaria/o contacta con nós no teléfono 988 37 43 18 ou no correo voluntariado.galicia@amigosdaterra.net