Os días 5 e 6 de maio levaremos a cabo o curso práctico de cociña ecolóxica, achegándonos a unha alimentación local e de tempada, centrándonos en alternativas para combinar os alimentos e obter a enerxía que precisamos.
Coñeceremos os impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros mentres cociñamos alternativas e coñecemos novas recetas.
Unha vez máis, contaremos coa colaboración da especialista en cociña natural Gloria Domecq.
O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.
Prezo: 13 € en concepto de aloxamento; a actividade é gratuíta (inclúe matrícula e manutención).
Horario: sábado ás 10.00h. da mañá ata o domingo ás 16.30h.
Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo. As prazas son limitadas!
Ficha de inscrición do curso de cociña_formato odt
Ficha de inscrición do curso de cociña_formato doc
Máis información: Coa colaboración de:
986 125 171
¿donde e o curso práctico de cociña ecolóxica?
Cristina, o curso vai a desenvolver en As Corcerizas, nesta ligazón tes máis info:
http://ascorcerizas.com/central/100129wp/