120605cartaz_dia_MA_Ourense_axendaNo Día Internacional do Medio Ambiente, a Plataforma Rios Limpos, da que Amigos da Terra forma parte, convócavos a saír á rúa en Ourense. A situación de maltrato continuado ao que se están sometendo aos nosos ecosistemas, con verquidos continuados á maioría dos ríos da provincia e a queima constante dos nosos montes, agravado polo silencio vergonzante dos responsables políticos a todos os niveis: concellos, Deputación, Xunta, Estado; obriga á cidadanía a actuar.

Se diante da desfeita medioambiental os nosos supostos representantes non teñen nin ideas nin iniciativas, nós non imos a calar.

Na Praza Maior de Ourense a partir das 19:30 reivindicaremos o dereito a ter ríos limpos e montes vivos na nosa terra. Propómosvos participar nun acto reinvindicativo e lúdico, no que faremos unhas pequenas representacións para visualizar problemáticas dos nosos ecosistemas. Tamén contaremos con músicos de percusión e cantareiras para animar a acción e desfrutar coas persoas que se acheguen.

Para máis información:

Teléfono: 988 374 318

Correo electrónico: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Volver