bolas_panDespois do éxito acadado no obradoiro realizado o pasado venres en Vigo, Amigos da Terra volve convidarte a outra actividade da campaña de Alimentos Quilométricos, esta vez en Ourense. Nesta ocasión contaremos coa colaboración dun dos nosos socios, promotor das Fornadas Comunitarias de Oroxo, que nos ensinará, de xeito práctico, como facer o noso propio pan na casa apartir de fermento nai.

Si o tempo acompaña, coceremos algúns dos pans que fagamos nun forno solar que, ou ben instalaremos na Praza da Trindade ou ben nalgunha das prazas cercanas ao local de Sem Um Cam, na rúa Vilar. En caso de que Lorenzo nos negue a súa presenza, coceremos nun forno de gas e nun par de fornos eléctricos pequenos.

Para facer o voso propio pan deberedes traer: medio quilo de fariña de trigo ou espelta, a ser posible ecolóxica e integral, un recipiente de boca ancha para amasar e un par de panos para cubrir a masa mentres leveda. Probablemente non poidamos cocer os experimentos de todas/os e haberá xente que remate o proceso na casa pero, por si acaso, levade moldes ou bandexas si queredes tentar facer o proceso completo.

Como o proceso de cocción leva o seu tempo, ás/ós que queirades quedar a ver o resultado final, suxerímosvos participar nun xantar colectivo, feito coas aportacións de todas e todos os participantes; cada persoa poderá traer algo para compartir, tentando que sexa de tempada, local e ecolóxico e tamén elaboraremos en común algunhas pizzas.

DATA: Sábado día 30 de xullo

HORA: Comenzaremos ás 10:00 horas

LUGAR: Local social Sem Um Cam en Ourense, rúa do Vilar, 9, baixo

O obradoiro ten prezo libre pero as plazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente a través de voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou ben no teléfono 988 374 318

Para máis información: contactando con Raquel Fernández no 988 374 318 ou a través do correo electrónico voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Coa colaboración de: logos_alimentos_peque