Campamento de verán en As CorcerizasNa 15ª edición dos seus campamentos de verán, Greenpeace inicia as actividades para xóvenes en acción.

Coherentemente co espíritu dos seus campamentos, ningún contorno mellor que o de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais.

Os/as participantes están a aprender como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación como dos obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo, pero tamén están a coñecer a nosa realidade local e a disfrutar dos recursos da Serra de San Mamede.

Para Amigos da Terra convertir a utopía en realidade, e que dita realidade poida ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor xeito de dicir as cousas que facéndoas.