Formacion_construcion_terra_superadobe_As_CorcerizasAmigos da Terra, en colaboración coa asociación Manos a la Tierra, levará a cabo en As Corcerizas, un curso intensivo de formación específica que capacitará as e os asistentes para a construción de vivendas con sacos de terra.

Nos 5 días que durará o curso construiremos un domo, dende a cimentación ata o acabado e protección.

O curso está dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, etc

Imparte Antonio Prados Beiras, profesional e formador en construción con terra; presidente da asociación Manos a la Tierra.


Máis información e inscricións