Mina_a_ceo_abertoVida e natureza perigan en Cabana de Bergantiños e este só é o principio dun plan mineiro que pode levar á ruina a toda a Costa da Morte coruñesa.

O megaproxecto a ceo aberto da mina de ouro de Corcoesto arrasará os ecosistemas de esta zona, ao empregar toneladas de cianuro e outros elementos químicos perigosos que poden danar gravemente a saúde da poboación e a biodiversidade, hipotecando para sempre o futuro da bisbarra.

Podedes atopar información detallada deste proxecto en concreto e dos perigos e consecuencias da minería a ceo aberto.

Plataformas veciñais e grupos ecoloxistas de toda Galicia xa están actuando. Ti tamén podes colaborar nesta loita.

Como podo axudar

(1) Firmando a petición da Plataforma en Defensa de Cabana de Bergantiños en change.org.

(2) Contacta co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, móstralle a túa oposición ao plan de minaría a ceo aberto que ten deseñado para Galicia, e pídelle que deixe de apoiar ás multinacionais do sector (aquí).

(3) Escribe ao Concello de Cabana mostrando a túa repulsa ao proxecto da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto:

-O seu enderezo postal é: Concello de Cabana de Bergantiños; A Carballa s/n; 15115 Cabana de Bergantiños; A Coruña

-O seu correo electrónico é: cabana@concello-cabana.es

(4) Se utilizas Twitter, podes poñerte en contacto directamente co alcalde de Cabana en @Josemuino, e ademais quedará constancia da túa queixa. Por favor sé firme no teu comentario, pero respectuoso. A actitude de José Muiño gústanos seguramente tan pouco como a ti, pero iso non dá dereito ó insulto.

(5) O máis importante, comparte a dirección www.salvemoscabana.blogspot.com con todos os teus amigos e familiares por todos os medios que che resulten posibles.