120901_oficina_IngridAmigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea chegada dende Holanda, Ingrid Von Weersch, que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos nove meses.

Ingrid colaborará nas distintas campañas e proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros, adicando á maior parte do tempo á área de residuos .

A pesar do pouco tempo que leva con nos, Ingrid xa tivo a oportunidade de coñecer As Corcerizas, acompañada de Carla e Marcos, voluntariado portugués que grazas ao programa do servizo de voluntariado europeo colaboran nos nosos proxectos ao longo de este ano.

120904_corcerizas_ingrid_6_copy

O proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Xuventude en Acción da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo de Voluntariado Europeo, que busca a mobilidade de mozos e mozas europeos para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais que conforman Europa, participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.

Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos voluntarias/os de envío. Así, ao longo de este ano 2012 varias persoas voluntarias de Ourense, están desenvolvendo un proxecto de voluntariado por toda Europa en diferentes países comaChequia, Croacia, Dinamarca, Francia, Grecia, Portugal e Suecia.

Dende a asociación queremos animar a tódos os mozos e mozas ourensás que queiran participar no Programa Xuventude da Unión Europea que non desaproveiten a ocasión e que se pasen polo noso centro para facilitarlles mais información.