A fin de semana do 27-28 de outubro levaremos a cabo en As Corcerizas un curso sobre sistemas eficientes de calefacción.
Nesta formación, eminentemente práctica e cun número de particpantes reducido, realizaremos dous muros radiantes con barro crú; mecanismo que permite unha captación corporal de temperatura superior que nos solos radiantes.
Trátase dun sistema moi eficiente, que funciona a baixa temperatura (35-40ºC), de doada combinación con enerxías renovables e moi saudable pola transpirabilidade do barro.
Imparte a formación Guido Tomasini, artesano e bioconstrutor.
Prezo: 80€; 70€ para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe a matrícula, aloxamento e manutención.
Horario:
Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:30 h.
Domingo de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 18:30 h
As prazas son limitadas a 10 participantes!
Envía a ficha cuberta antes do 23 de outubro a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo.
Máis información a través do correo info@ascorcerizas.com e no teléfono 988 374 318