Programas_escolares_2012_2013_AsCorcerizasÁbrese o prazo de inscrición para as actividades escolares!

Cada centro educativo poderá escoller entre 3 Programas diferentes segundo o tema de interese, a desenvolver nos meses de marzo a xuño.

Os Programas está dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, e desenvolveranse en As Corcerizas e arredores do Macizo Central Ourensán

ProxectoTerra, proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dentro do cal están previstas: Visitas educativas polas instalacións de As Corcerizas e obradoiros sobre bioconstrución, roteiros interpretativos da paisaxe pola Serra de San Mamede ou actividades de etnografía cos/as propios/as habitantes dos pobos da Serra. As actividades están financiadas e dirixidas a alumnado de secundaria.

Inscrición aberta ata o 26 de outubro. Consulta o Programa Intercambios Territoriais 2012-2013 en As Corcerizas, as condicións para a participación, e apunta ao teu centro contactando con actividades@proxectoterra.es


Alimentos Quilométricos: actividade educativa deseñada para primaria e secundaria na que se visualiza a orixe dos alimentos tendo en conta as emisións de CO2, a superficie necesaria para a súa produción a escala mundial e a pegada ecolóxica deste modelo. A través dun xogo os/as participantes asimilan os diferentes pasos da cadea de produción de alimentos, descubren as implicacións e consecuencias dun modelo industrializado fronte a un máis sostible e valoran as posibilidades que temos para mudar. Xogando podemos aprender a tomar decisións razoadas que conleven melloras, para as persoas e o planeta!

Consulta o Programa, e apunta ao teu Centro cubrindo esta ficha de inscrición [.odt] [.doc] e enviándoa a info@ascorcerizas.com


Sentir, Coñecer e Actuar: nesta séptima edición do programa ofrecemos diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos e coñecemento do medio. Trátase de xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro.

Consulta os Programas e apunta ao teu Centro cubrindo esta ficha de inscrición [.odt] [.doc] e enviándoa a info@ascorcerizas.com


Máis información:

info@ascorcerizas.com

988 374 318 / 986 229 089