120425_verquidos_rios01

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de remitir a Amigos da Terra a resolución de dous expedientes sancionadores.

Un expediente sancionador contra o Concello de Ourense polos vertidos non autorizados realizados durante os días 10 e 25 de abril e 3 de maio do ano pasado.

Estes feitos aos que se refire a resolución foran denunciados por Amigos da Terra, a Plataforma Ríos Limpos, a Policía Autonómica e Adega.

A comunicación que o Organismo fai á entidade ecoloxista versa sobre o expediente sancionador contra o Concello de Ourense polos “vertidos realizados durante os días 10 e 25 de abril e 3 de maio do ano pasado incumprindo as condicións establecidas na autorización de vertido outorgada pola Confederación Hidrográfica ao concello de Ourense”.

Estes verquidos víñanse producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, xa que non era a primeira vez que ocorrían estes feitos, e son habituais cando chegan as épocas de chuvias. Así ditos vertidos producíronse por unha falta de capacidade das instalacións da estación de bombeo, para poder tratar as augas pluviais deses días, e ademais os vertidos foron caracterizados como perigosos ao detectarse contaminantes coma o amonio.

1209_mio_barbaa

A Confederación Hidrográfica resolveu impoñer unha sanción leve, xa que ocasionaron danos valorados por importe de 641,38 € e unha indemnización en concepto de multa por importe de 2.569,84 € en concepto de multa.

Temos que sinalar que dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil tamén manifestou o requirimento ao Concello de Ourense, para que se ateña a normativa e ao cumprimento das condicións de vertido.

Tamén a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil resolveu un expediente sancionador contra a empresa Gallega de Residuos Ganaderos por vertidos ao Río Limia no Concello de Sarreaus, de purins e residuos líquidos con alto contido en materia orgánica, impoñéndolle a dita empresa unha multa por importe de 6010,12 €.

Por outra banda, no pasado xoves tamén producíanse novos vertidos de residuos de materia orgánica ao canle do río Barbaña na cidade de Ourense, os cales Amigos da Terra ven de presentar unha nova denuncia ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Dende Amigos da Terra demandamos unha vez mais das administracións, que impoñan as correspondentes sancións pola falta de dilixencia dos infractores à quenes lle corresponde executar as medidas necesarias que eviten a deterioración do medio ambiente e se obrigue a repor o medio ambiente ao seu estado orixinario.