Dentro do proxecto de iniciativas xuvenís “Movéndonos para o cambio” terán lugar catro charlas nas vilas de Vigo e Ourense destinadas a promocionar e dar a coñecer á xuventude o Servizo Voluntario Europeo (SVE), unha das accións xuvenís enmarcadas no programa europeo “La Juventud en Acción”.
Contaremos co apoio dos catro voluntarios europeos que, actualmente, están a desenvolver o seu proxecto en Amigos da Terra. Explicarán que hai que facer para poder ser voluntarios e amosarán as súas perspectivas e experiencias.
As charlas están destinadas a todas aquelas persoas novas que queiran aproveitar esta oportunidade única que ofrece o SVE de coñecer novas culturas, aprender unha nova lingua e de desenvolver un proxecto no estranxeiro, entre outras cousas.
A data, lugar e hora das charlas son as seguintes:
En Ourense:
Luns 21 de outubro: Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas de Ourense ás 20:30 h. (Charla en inglés).
Martes 29 de outubro: Salón de Grados da Facultade de Ciencias de Ourense ás 18:00 h.
En Vigo:
Martes 22 de outubro: Aula nº1 da Facultade de Bioloxía de Vigo ás 16:00 h.
Martes 22 de outubro: Aula nº3 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo ás 19:00 h.
Non desaproveites a oportunidade! Infórmate sobre o SVE!