filipinas_grande

Amigos da Terra Filipinas leva máis de 25 anos actuando en prol dos dereitos das poboacións indíxenas e rurais, daquelas directamente dependentes da terra e dos recursos naturais para garantir a súa supervivencia.

Estas comunidades sitúanse de novo no lado máis vulnerable das catástrofes climáticas, sendo á vez as menos responsables do estado do clima.

FAI UNHA DOAZÓN A AMIGOS DA TERRA FILIPINAS

AXUDA A ALIVIAR ÁS COMUNIDADES AFECTADAS, incluíndo á comunidade indíxena Tagbanua, cuxas terras ancestrais e recursos hídricos foron devastados.

ÚNETE A NÓS NA DEMANDA DUNHA XUSTIZA CLIMÁTICA!

Friends of The Earth International, e todos os grupos membros en todo o mundo, traballamos por unha acción urxente e xusta para previr as peores consecuencias do cambio climático, e polo establecemento de solucións reais, baseadas nun cambio do sistema enerxético global actual.