estevo_Activistas de Amigos da Terra representaron unha árbore de nadal de 75 metros de altura con lámpadas fotovoltaicas na parede dunha montaña xunto ao Encoro de Santo Estevo do Sil. Con esta acción a asociación lanza unha mensaxe clara á cidadanía: é posible desconectarse da rede e conectarse á enerxía solar. Á súa vez reclama unhas políticas enerxéticas que fomenten as renovables e unha enerxía descentralizada.

O pasado sábado 21 de decembro, a poucos días das festas do Nadal e xusto despois da poxa eléctrica anunciando a intención dunha nova suba da luz, Amigos da Terra levou a cabo unha acción para denunciar as políticas a favor das grandes eléctricas españolas. As últimas medidas adoptadas polo Goberno só responden aos intereses e ditados das empresas do sector, que están a impedir o desenvolvemento das enerxías renovables e levan á quebra os autoproductores, agora pendentes da aprobación do Real Decreto sobre a “peaxe de respaldo”.

Activistas escaladores da organización ecoloxista representaron unha árbore de nadal cuxa silueta está delimitada por lámpadas led fotovoltaicas na parede, de 150 m de alto, da montaña “Pena Rubia”, xunto ao Encoro de Santo Estevo do Sil. A árbore de 75 metros de altura e 40 metros de ancho simboliza a posibilidade de desconectarse da electricidade producida polas grandes empresas do sector eléctrico.

arbol_estevo_5Con esta acción organizada por Amigos da Terra e patrocinada por Anpier (Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltaica), queremos lanzar unha mensaxe clara á cidadanía: é posible desconectarse da rede e conectarse á enerxía solar. Á súa vez reclamamos unhas políticas enerxéticas que fomenten as renovables e unha enerxía descentralizada.

Desta forma, a Amigos da Terra denuncia a gran disparidade e inxustiza que existe entre os beneficios e soldos astronómicos das 5 grandes empresas eléctricas e a sociedade. Estas medidas e as últimas reformas caeron como unha lápida sobre os produtores de enerxías renovables e sobre os consumidores que se viron obrigados a pagar subidas de ata un 60% nos últimos 4 anos ou un 125% se se fala de potencia instalada. En xaneiro de 2014, segundo a poxa do pasado 19 de decembro, o prezo da luz volvería incrementarse un 11%. A propia Comisión Nacional de Competencia impuxo una multa histórica a estas Corporacións.

Nestes momentos, existen outras comercializadoras e produtoras de enerxía limpa que se presentan como alternativas ao oligopolio enerxético. Cada vez máis persoas están a cambiar o seu contrato a estas cooperativas ou pequenas empresas co fin de producir enerxía renovable e descentralizada e arreporlle ás grandes eléctricas.

As “portas xiratorias” no sector visibilizan os vínculos que se dan entre estas grandes empresas e ex membros dos diferentes gobernos e políticos. “Isto fai pensar que o Ministro Soria está facendo méritos para unha xubilación millonaria”, sinalou Pedro Díaz,

A Acción desenvolvida xunto ao Encoro de Santo Estevo do Sil, propiedade de Iberdrola, que conta coa maior instalación en potencia de Galicia – 400 MW – tamén busca trasladar á opinión pública a realidade de custos e beneficios: producir 1 MW nunha central hidroeléctrica (que abastece de enerxía a preto de mil vivendas) custa 3 € mentres están a cobralo a 65,9 € (CNE ano 2008), o que permite uns beneficios do 2.200%.

enerxia_limpa_estevoEsta empresa, dende hai cinco anos vén realizando mega obras de enxeñaría hidráulica que, baixo o epígrafe “obra de interese xeral” que as institucións lle outorgan, permítelle saltarse moita normativa ambiental. Preguntámonos que significa “obra de interese xeral” cando a memoria histórica nos recorda que dous pobos -A Barca e San Cosme- cunha distancia á central de dous quilómetros, se lles instalou corrente eléctrica corenta anos despois de realizadas as obras. Hoxe repítese o mesmo guión con beneficios desmesurados para consellos de administración das grandes empresas hidroeléctricas, e pola contra perda de calidade de vida e dereitos básicos do pobo, e ademais uns catro millóns de persoas terán dificultades para conectar a súa calefacción este inverno de 2013-14.

“É intolerable que a sociedade, ben como consumidora, ben como autoprodutora de enerxía, teña que cargar cuns custos que non lle corresponden. Á súa vez é inadmisible que o Estado apoie unhas políticas á medida das grandes eléctricas, en vez de lexislar para toda a cidadanía,” destacou Pedro Díaz.

Nas vindeiras datas queremos facerlle un regalo a Iberdrola felicitándolle o Nadal, polo logro de influír no Goberno para que as enerxías renovables paguen a “peaxe de respaldo” (Real Decreto lei 9/2013 de 12 de xullo) impedindo o seu desenvolvemento, e en moitos casos, a quebra. Falamos de 55.000 pequenos produtores.

En días próximos desmontaremos as lámpadas fotovoltaicas da “Árbore” e estas serán obsequiadas a Iberdrola, como regalo de Reis, nun acto simbólico que representa o repudio pola actuación do oligopolio enerxético reinante en España. O transporte das lámpadas será en bicicleta dende o Encoro de San Estevo do Sil ata a sede Central de Iberdrola, en Bilbao. Con iso preténdese ampliar o alcance da mensaxe non soa á electricidade senón á mobilidade sostible, impacto ambiental (redución dos gases de efecto invernadoiro), e eficiencia enerxética.