rioMont

Amigos da Terra, presentou alegacións ao aumento da concesión do aproveitamento hidroeléctrico no río Cerves, ao considerar que non se non se atopa entre as actuacións do vixente Plan Hidrolóxico da cunca Miño-Sil, e non se deben autorizar concesións que vaian en contradición co dito Plan Hidrolóxico.

Así mesmo, consideramos que o dano ao curso fluvial ten como motivación o lucro mediante a produción de enerxía eléctrica nun contexto de exceso de capacidade instalada. Neste senso, a Directiva Marco da Auga establece que a mesma non é un ben comercial como os demais, senón un patrimonio público que hai que defender, protexer e tratar como tal.

Permitir unha actuación como a que se suscita neste proxecto é unha contradición nun momento como o actual onde se están desenvolvendo leis, como as que anteriormente mencionamos, onde o obxectivo a perseguir é protexer e mellorar o estado de todas as masas de auga.

En canto á súa xustificación, o proxecto non achega argumentos abondo para xustificar a necesidade do aumento de caudal para o aproveitamento hidroeléctrico. A explotación hidroeléctrica non pode ser nunca razón abondo para acometer obras de infraestrutura.

Ademais sinalamos que os sistemas de produción de enerxía eléctrica teñen que ser descentralizados, de forma que se produza o mais próxima aos lugares de consumo, feito que non ocorre para o caso da conca Miño-Sil, que xa se atopa saturada coa construción de centrais hidroeléctricas.

Estes son algúns dos argumentos aducidos por Amigos da Terra e outros colectivos contra o proxecto, polo que solicitamos a súa desestimación e se formule unha declaración en sentido negativo para o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Cerves.