Alimentar_el_mundo_cuidar_el_planeta

O 2014 foi proclamado pola ONU como o Ano Internacional da Agricultura Familiar, AIAF-2014. O obxectivo do mesmo é acadar a soberanía e a seguridade alimentarias mediante o desenvolvemento sostible de sistemas agrarios baseados na unidade familiar, e o apoio ao papel de organizacións agrarias, campesiñas e de pescadores artesanais.

A declaración da ONU recoñece que “a agricultura familiar e as pequenas explotacións agrícolas son unha base importante para a produción sostible de alimentos orientada a lograr a seguridade alimentaria” e destaca o importante papel que poden cumplir na labor de erradicación da pobreza e no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

No AIAF-2014 conflúen a participan sociedade civil, organismos internacionais e gobernos, que traballarán conxuntamente coa fin de mellorar as políticas públicas neste eido. A adopción de medidas como o aumento do emprego rural, o recoñecemento do papel da muller ou o impulso técnico e económico da investigación agraria, pretenden combater as dificultades que condicionan ao pequeno campesinado. O non acceso aos recursos (terras, auga, sementes,…), ás tecnoloxías ou ao crédito, son só algunhas das barreiras que o actual sistema agroalimentario impón a pequenos produtores e produtoras, especialmente nas rexións empobrecidas.

No marco desta conmemoración, a FAO define a agricultura familiar como a “forma de organizar a produción agrícola e silvícola, así como a pesca, o pastoreo e a acuicultura, que é xestionada e dirixida por unha familia e que na súa maior parte depende de mano de obra familiar, tanto de mulleres como de homes. A familia e a explotación están vinculadas, coevolucionan e combinan funcións económicas, ambientais, reproductivas, sociais e culturais”.

Para contribuir ao coñecemento e á difusión do AIAF-2014 achégase a publicación “Alimentar el mundo, cuidar o planeta”, na que se recollen diversos exemplos de políticas públicas e iniciativas de agricultura familiar en países como Costa de Marfil, Uruguay, Camboia, Brasil e Uruguay. En todas elas se identifican algúns elementos comúns como o cooperativismo, o papel destacado da muller ou a investigación, que parecen ser claves para o éxito de políticas que fomenten un modelo agrícola familiar e sustentable.

Alimentar o mundo, cuidar o planeta