rolda_presna_premioHoxe 29 de maio Amigos da Terra recibiu o premio internacional do Fondo de Sostenibilidade para o centro ecolóxico, As Corcerizas. O premio dunha dotación de 24.800 libras de Hostelling International, do que forma parte a Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), entregouse nunha rolda de prensa, organizada no propio centro.

A traxectoria de As Corcerizas avanzando cara a un centro autosuficiente e ecolóxico foi clave á hora de lograr o recoñecemento internacional que confire este premio; o proxecto viuse como un exemplo de conservación do medio ambiente e de mellora do patrimonio natural mediante a redución das emisións de carbono.

A organización ecoloxista logrou este premio a nivel mundial ante países como China, Brasil ou Alemaña, demostrando a calidade e viabilidade de alternativas polas que aposta Amigos da Terra.

As Corcerizas estaba moi preto de ser unha illa enerxética renovable. Xa contaba con paneis solares, unha pequena instalación hidroeléctrica, unha caldeira de biomasa e edificios baseados en criterios de bioconstrución. Agora con este fondo, logrou o seu obxectivo transformándose nunha illa enerxética 100% renovable. A finais de marzo terminou de instalarse un aeroxenerador que complementa o mix enerxético renovable do centro, permitindo o uso de enerxías renovables durante todo o ano. Á súa vez estase levando a cabo a monitorización das enerxías logrando unha maior eficiencia no uso das alternativas. (1)

No marco do premio, construíronse muros radiantes de barro cru como sistemas de calefacción, co que se puido continuar e mellorar a bioconstrución dos edificios.

entrega_premio_Hi_hostel_500x500

As Corcerizas, é un centro integrado en plena natureza da Serra de San Mamede, respectuoso coa contorna privilexiada que o rodea. O Centro de Educación Ambiental é un proxecto transformador creado por Amigos da Terra, co reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo cun equipamento en total coherencia socioambiental, e impulsar o desenvolvemento de novos modelos de convivencia, sostenibilidade e respecto.

O acto protagonizado por Víctor Barro, presidente de Amigos da Terra, Sergio Montoya, Xerente da Rede Española de Albergues Xuvenís, Paula Vidal, Directora de As Corcerizas, Amigos da Terra, contou co respaldo do Presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, así como do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado Ovidio Rodeiro; institucións que apoiaron a candidatura de As Corcerizas.

(1) Dossier: Descrición As Corcerizas

Fotografías: Brais Palmás (Amigos da Terra)