foto_curso_horto_ecoloxico_comedoresContinuando a labor de defensa e promoción dun sistema alimentario alternativo, Amigos da Terra achega esta entrevista a Gustavo Duch, con motivo da publicación do seu libro “Alimentos baixo sospeita”, no que analiza o actual modelo de alimentación global inxusto, empobrecedor e con graves impactos ambientais.

En apenas dez minutos de entrevista, Ducha analiza os principais elementos e impactos da agricultura industrial e define o concepto de soberanía alimentaria como “o dereito dos pobos a vivir da terra e, ao mesmo tempo, de coidar a terra”.

O control das sementes e dos cultivos por parte das multinacionais, os problemas de acceso a terra por parte das comunidades campesiñas ou a especulación alimentaria son só algúns dos problemas que acarrexa o actual sistema alimentario industrial.

Ademais das inxustizas sociais e económicas que xenera, este modelo, é ambientalmente insustentable, contribuíndo ao agravamento do cambio climático (a sistema agroalimentario é responsable de aproximadamente o 50% das emisións de gases de efecto invernadoiro) ou ao expolio dos recursos naturais (auga e solo, principalmente) dos países empobrecidos.

A través das nosas decisións de consumo temos o poder de cambiar o modelo alimentario. Infórmate da orixe dos alimentos que consumes e aposta polo consumo de alimentos de orixe local, de tempada e ecolóxicos. Na guía de produtores/as ecolóxicos de venda directa en Galicia que elaborou Amigos da Terra, co apoio económico da Xunta de Galicia, poderás coñecer cál é temporada de cada un dos alimentos da horta e atoparás o contacto de labregos e labregas do teu entorno máis próximo. Mercando produtos locais, contribuirás ao cambio cara un sistema social e ambientalmente xusto.