european-comp-not-respecting-human-rights610259_webDo 23 ao 27 de xuño estase a celebrar en Xenebra a 26ª sesión do Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Esta mesma semana Amigos de la Tierra Internacional publica un informe no que recolle 100 crimes contra os dereitos humanos.

Con este informe na man e xunto a unha alianza internacional de movementos sociais e ambientais está a exhortar a ONU a establecer un tratado internacional vinculante que poña medidas para evitar as prácticas abusivas das empresas multinacionais contra os dereitos humanos [1].

Un informe de Amigos da Terra Internacional recompila máis de 100 incidentes de violencia contra defensores dos dereitos ambientais así como violacións dos seus dereitos en 27 países entre novembro de 2011 e outubro de 2013. O devandito documento presentarase o 26 de xuño durante a 26ª sesión do Consello de Dereitos Humanos da ONU [2].

Máis da metade dos asasinatos rexistrados por Amigos de la Tierra Internacional nestas datas foron asasinatos premeditados de dirixentes campesiños e mortes durante enfrontamentos violentos por conflitos de terras, que estiveron vinculados moitas veces á defensa de territorios contra proxectos contaminantes, tales como represas hidroeléctricas, plantacións de monocultivos ou de extracción de petróleo, gas e minerais.

“Recibimos de media unha denuncia por semana de casos de violencia contra defensores ambientais ou de violación dos seus dereitos, e isto é tan só a punta do iceberg”, sinalou Lucia Ortiz, Coordinadora do Programa Internacional de Xustiza Económica de Amigos de la Tierra Internacional.

“Estas personas, que defienden el derecho a decidir de las comunidades frente a los mega proyectos agenciados a empresas transnacionales, son blanco de abusos contra los derechos humanos, a menudo cometidos por las empresas o en su propio nombre”, añadió Lucia Ortiz, coordinadora del programa de Justicia Económica de Amigos de la Tierra Internacional.

Amigos de la Tierra Internacional forma parte da Alianza do Tratado, unha alianza decidida a poñelo punto e final ás violacións de dereitos humanos perpetradas polas empresas transnacionais. Trátase dunha rede que urxe aos Estados membro do Consello de Dereitos Humanos a avalar unha resolución que garanta o establecemento dun sistema xuridicamente vinculante para que as empresas transnacionais respondan ante a xustiza polas violacións de dereitos humanos cometidas, e que ofreza reparación e xustiza para os pobos e persoas afectadas [3]. “Necesitamos urxentemente un tratado internacional para facerlle fronte ás violacións de dereitos humanos ocasionadas por grandes multinacionais. Se recoñecemos o activismo ambiental en todas as súas expresións como unha defensa lexítima dos dereitos humanos, poderemos contribuír á loita dos defensores dos dereitos ambientais e mantelos a salvo”, dixo Víctor Barro, presidente de Amigos de la Tierra España.

Semana de mobilización: ¡stop ao crime e á impunidade das multinacionais!

semana_movilizacion

**********

Notas:

[1] O 7 de maio de 2014, unha alianza mundial de organizacións da sociedade civil coñecida como a Alianza do Tratado (Treaty Alliance), que representa a máis de 500 grupos, exhortou os membros do Consello de Dereitos Humanos da ONU a que apoien en xuño unha iniciativa que daría inicio a un proceso para establecer un tratado internacional para enfrontar as violacións de dereitos humanos perpetradas por empresas transnacionais. Para máis información >>>

[2] O novo informe “Defendemos o medio ambiente, defendemos os dereitos humanos” encóntrase dispoñible aqui >>>

[3] No Consello de Dereitos Humanos, un grupo de 84 países propuxo en setembro de 2013 o establecemento dun marco normativo e de aplicación que sexa xuridicamente vinculante para as empresas, o cal representa un reclamo histórico dos movementos de dereitos humanos e Amigos da Terra Internacional.