vol ambiental 2014Amigos da Terra convídavos a participar na defensa e mellora do ecosistema forestal próximo a As Corcerizas, en estancias gratuítas dunha semana durante os meses de xullo e agosto.

O obxectivo principal do mesmo é sensibilizar e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar os nosos bosques.


Nun ambiente lúdico, combinaremos:

– Accións directas no monte para a súa recuperación e restauración de zonas afectadas polos lumes
– Roteiros de vixianza disuasiva e interpretación da paisaxe
– Coñecemento do medio: flora e fauna
– Obradoiros ambientais e orientación
– Debates, videos, dinámicas grupais..

Datas e número de participantes na Serra de San Mamede:

O programa desenvolverase en quendas de 5 días cun grupo de 6 persoas voluntarias

  • do 30 de xuño ao 4 de xullo,
  • do 7 ao 11 de xullo,
  • do 14 ao 18 de xullo,
  • do 18 ao 22 de agosto.

voluntariado AsCorcerizas 1

O programa inclúe:

  • Aloxamento e pensión completa no albergue.
  • Programa de actividades e monitores.
  • Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata o albergue será por conta dos/das participantes.


Condicións xerais:

Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.

Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.

Participantes e inscricións:

Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario que aparece na web www.voluntariadogalego.org.