reforestacion manglar salvadorCoñeces a labor de Amigos da Terra en cooperación ambiental?

A través deste VÍDEO realizado por Amigos da Terra no Salvador, poderás coñecer as principais problemáticas que afectan ao sector pesqueiro artesanal do Golfo de Fonseca, rexión onde Amigos da Terra leva 10 anos desenvolvendo proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Durante os anos 2012 e 2013, Amigos de Terra traballou xunto coa organización local FUNSALPRODESE na zona de Bahía de la Unión, O Salvador, a prol do fortalecemento da pesca artesanal, grazas a un proxecto apoiado pola Xunta de Galicia.

O vídeo recolle testemuñas e experiencias de garda recursos, pescadores, mestras, rapaces e mulleres cooperativistas da rexión, que comentan as características do ecosistema do manglar, os problemas ambientais que lle afectan (contaminación, sobreexplotación pesqueira, deforestación, etc) e os logros acadados grazas ao proxecto, tanto no eido da conservación e restauración ambiental, como na sensibilización en canto á importancia de promover prácticas pesqueiras respectuosas co ecosistema. Deste xeito, garántese a sustentabilidade ambiental, social e económica do principal modo de vida das familias que viven do sector pesqueiro.